Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello organiza a VIII edición do Concurso de debuxo de Educación Viaria Cidade de Lugo


# Mércores, 15/04/2009
A entrega de premios terá lugar o 23 de maio no Parque Infantil de Tráfico de Lugo

Imaxe Asociada Imaxe Asociada

A Concelleira de Educación, Dolores Vieiro presentou a VIII edición do concurso de debuxo de Educación Viaria Cidade de Lugo destinado a todos os escolares e a estudantes de secundaria e bacharelato de toda Galicia. Na presentación estiveron presentes representantes das institucións colaboradoras: o Xefe Provincial de Tráfico, Gonzalo de León, o Delegado da Consellería de Educación en funcións, Luís Álvarez, e o responsable do Parque Infantil de Tráfico do Concello de Lugo, José Reigosa.

Esta iniciativa municipal está orientada a fomentar unha boa educación viaria entre os nenos e os mozos galegos e convídaos a reflexionar sobre este tema a través dun exercicio de creatividade. O Concello de Lugo quere concienciar e previr dende a infancia para sensibilizar aos cidadáns sobre as boas prácticas viarias. A Concelleira indicou que “cada ano temos a satisfacción de contar con alumnos de toda Galicia participando no noso concurso”.

O compromiso do Concello coa Educación Viaria plásmase no programa que se desenvolve ao longo do curso escolar a través de varias actividades para mozos e mozas que se celebran no Parque Infantil de Tráfico e nos colexios.

Nas pasadas edicións deste concurso acadouse un éxito de participación, e ano tras ano aumenta o número de colexios que dende toda Galicia mandan traballos.

As bases establecen cinco categorías de participación que comprenden idades de 3 a 17 anos:

  • Categoría A: para 1º, 2º e 3º de primaria;
  • Categoría B: para 4º, 5º e 6º de primaria;
  • Categoría C: para 1º, 2º e 3º de secundaria;
  • Categoría D: para 4º de secundaria, 1º e 2º de bacharel;
  • Categoría E: para Educación Especial

O prazo de presentación dos traballos finaliza o 30 de abril e pódense presentar nas oficinas de Rexistro Xeral do Concello ou na Xefatura Provincial de Tráfico.

Os galardóns do concurso entregaranse o día 23 de maio nun acto encadrado dentro do programa da Festa da Seguridade Viaria. O concurso establece tres premios para cada categoría e consisten en ordenadores portátiles, bicicletas e cascos, minicadeas musicais ou trofeos segundo a categoría.


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova