Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo presenta o VII Trofeo El Progreso-Cidade de Lugo Deporte de Orientación


# Mércores, 15/04/2009
A competición terá lugar o vindeiro sábado 25 de abril

Imaxe Asociada Imaxe Asociada

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, o Presidente do Club Fuvial en Lugo, Eduardo Núñez Torrón, o responsable da área de orientación do Club Fuvial, Eugenio Rodríguez,o Xefe Provincial da Consellería de Deportes, Constantino López, e Luis Barrio en representación de El Progreso presentaron hoxe o VII Trofeo El Progreso - Cidade de Lugo de Orientación.

A carreira terá lugar o sábado 25 de abril no Monte Segade. Esta proba de orientación está aberta á participación de escolares, universitarios e afeccionados. Ademais, o vindeiro sábado 18 de abril, terá lugar unha xornada de iniciación-adestramento no mesmo emplazamento a partir das 11:00 horas.

Os interesados en tomar parte neste torneo poderán formalizar a súa inscrición ata as 24:00 horas do mércores 22 de abril, a través do correo electrónico fluvialarrobaclubfuviallugo.com, ou do fax 982251420. Para inscribirse na xornada de iniciación e adestramento o prazo remata o venres 17 de abril ás 17:00 horas.

Os primeiros clasificados de cada categoría recibirán unha medalla, ademais de lacóns galegos os vencedores dos trazados 4, 5 e 6 e con camisetas conmemorativas ao resto. Tamén se sortearán entre todos os participantes unha estancia con circuíto termal para dúas persoas no Hotel Balneario Río Hambre, dous lacóns, dous vales de material deportivo en Élide e tres bonos por catro sesións de SPA no circuíto de hidroterapia do Club Fuvial.

Esta cita deportiva, está organizada polo Club Fuvial de Lugo e coordinada e supervisada pola Asociacion Galega de Deporte de Orientación e pola Federación Española de Orientación, e conta co patrocinio do Concello de Lugo. Ademais, conta co apoio de diversas entidades comerciais.


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova