Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Máis de 2.500 atletas participarán na quinta proba do Circuíto Larsa de Carreiras Populares Corre con Nós


# Mércores, 15/04/2009
Será o domingo 19 de abril a partir das 12:00 horas

Imaxe Asociada Imaxe Asociada

A Concellería de Deportes que dirixe José Manuel Díaz Grañido, celebra o vindeiro domingo 19 de abril a quinta proba do Circuíto Larsa de Carreiras Populares Corre con Nós. Será a partir das 12:00 horas no Centro Comercial As Termas.

A recollida de dorsais e chips de novos participantes terá lugar de 10:30 a 11:30. Ás 12:00 horas sairán os e as atletas participantes na primeira carreira da Categoría A que percorrerán unha distancia de 517 metros. A continuación sairá a carreira da categoría B cunha distancia de 1752 metros, a terceira carreira de rapaces corresponderá á categoría C e D que percorrerán unha distancia de 2670 metros.

Por último, os adultos competirán na súa carreira a partir das 12:30 horas cunha distancia de 5.657 metros.

Os percorridos de todas as carreiras discorrerán polas inmediacións do centro Comercial de As Termas combinando nos trazados asfalto e terra nunha proba calificada como unha das máis duras do circuíto polo seu terreo con continuas subidas e baixadas que os corredores afrontarán ao longo da mañá do domingo.

Ata o momento o circuíto conta cunha inscrición de 1.307 atletas adultos e 1.269 rapaces e rapazas das diferentes categorías.

Premendo nesta ligazón podes descargar a imaxe co plano do circuíto para rapaces

Premendo nesta ligazón podes descargar a imaxe co plano do circuíto para adultos

Corre con nós




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova