O Servizo Municipal de Prevención de Drogodependecias, dependente da Concellería de Muller e Benestar Social, que dirixe Carmen Basadre, ofrecerá o vindeiro luns, 20 de abril, unha nova proxección dentro do programa Cinensino que se proxectará no Auditorio Municipal Gustavo Freire.
Trátase do film El niño con el pijama de rayas, a adaptación cinematográfica do libro co mesmo nome. Na película se amosa a historia de amizade entre un neno, fillo dun estrito comandante nazi, e outro neno xudeu, prisioneiro no campo de concentración de Auschwitz.
A proxección realizarase en dúas sesións: a primeira ás 10:00 e a segunda ás 12:00 na que participarán alumnas e alumnos de 1º e 2º da ESO de diferentes centros de ensinanza da cidade.
Este programa, que se engloba dentro do Plan Nacional contra a Drogadicción, contempla a proxección de tres películas, unha por trimestre, que posteriormente son traballadas individualmente polos asistentes con fichas que se lles repartirán á finalización das proxeccións.