Cargando....
Concello de Lugo
26/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo ampliará a beirarrúa da Ronda da Muralla á altura da Porta de San Fernando


# Venres, 17/04/2009
O obxectivo é facilitar o tránsito dos peóns nesta zona

A Xunta de Compras celebrada esta mañá no Concello de Lugo aprobou o gasto de 8.167 euros para a ampliación da beirarrúa na Ronda da Muralla á altura da Porta de San Fernando ata o cruce que enlaza coa Avenida de A Coruña.

Con esta obra proxectada pola Concellería de Infraestruturas, que dirixe José Piñeiro, o Goberno Local pretende aliviar o paso dos peóns nunha zona que conta con moito tránsito.

A obra que se levará a cabo consistirá nunha ampliación da beirarrúa entre 70 e 80 centímetros retirando parte do céspede que se atopa nesa zona.

Os membros dos grupos da oposición presentes na Xunta de Compras felicitaron ao equipo de Goberno por levar a cabo esta iniciativa.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova