Imprimir

O CONCELLO DE LUGO AMPLIARÁ A BEIRARRÚA DA RONDA DA MURALLA Á ALTURA DA PORTA DE SAN FERNANDO


17/4/2009 O obxectivo é facilitar o tránsito dos peóns nesta zona

A Xunta de Compras celebrada esta mañá no Concello de Lugo aprobou o gasto de 8.167 euros para a ampliación da beirarrúa na Ronda da Muralla á altura da Porta de San Fernando ata o cruce que enlaza coa Avenida de A Coruña.

Con esta obra proxectada pola Concellería de Infraestruturas, que dirixe José Piñeiro, o Goberno Local pretende aliviar o paso dos peóns nunha zona que conta con moito tránsito.

A obra que se levará a cabo consistirá nunha ampliación da beirarrúa entre 70 e 80 centímetros retirando parte do céspede que se atopa nesa zona.

Os membros dos grupos da oposición presentes na Xunta de Compras felicitaron ao equipo de Goberno por levar a cabo esta iniciativa.