Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A mostra Valle-Inclán debuxado convértese en intinerante


# Domingo, 19/04/2009
Moitas institucións culturais amosaron o seu interese pola exposición organizada polo Concello de Lugo

A exposición Valle-Inclán debuxado será inaugurada o vindeiro mércores 22 de abril ás 19:30 horas no Colexio de Fonseca en Santiago de Compostela.

É a primeira vez que unha exposición organizada polo Concello de Lugo, nesta ocasión en colaboración coa Cátedra Valle-Inclán da Universidade de Santiago de Compostela, se converte nunha mostra itinerante unha vez finalizada a súa estancia en Lugo.

A exposición consta dunha selecta colección de máis de 200 caricaturas e imaxes do autor elaboradas entre 1888 e 1936.

Os creadores da mostra pretenden con este conxunto de imaxes, ademais de facer unha homenaxe a este gran autor, ofrecer ao público un amplo abano de visións, perspectivas e interpretacións que un gran número de artistas gráficos do primeiro terzo do século XX deixaron para a posteridade na prensa periódica da época.

Son moitas as institucións culturais de renome que amosaron o seu interese por contar con esta exposición nas súas instalacións como o Teatro Español de Madrid e a Sociedad Estatal de Conmemoraciones. Ademais estase a establecer negociacións co Instituto Cervantes para levar esta mostra sobre Valle-Inclán por Hispanoamérica e Europa.

Tamén está a ter moito éxito a publicación editada polo Concello de Lugo que recolle a mostra e pola que se están a interesar librerías de todo o país.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova