Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O 65% das obras da zona rural incluídas no FEIL están xa contratadas


# Luns, 20/04/2009
Máis de 400 persoas traballarán este ano en obra pública nas parroquias de Lugo. O Alcalde suliñou as melloras no rural que se verán culminadas en parte coa construción da nova ponte.

Imaxe Asociada

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Concelleiro de Medio Ambiente e zona rural, Lino González Dopeso, anunciaron hoxe o próximo inicio das obras contratadas do Fondo Estatal de Investimentos Locais nas parroquias do Concello de Lugo.

Neste momento todas as actuación están xa licitadas, e o 65% están contratadas, delas :

  • 17 están adxudicadas de xeito definitivo, o que supón o 39% das obras do FEIL na zona rural
  • 11 de xeito provisional, o que supón o 25% das obras do FEIL na zona rural

O Alcalde de Lugo destacou que “só as obras previstas para a zona rural permitirán que 401 persoas estean traballando en obra pública do Concello a longo deste ano”.

Ademais lembrou que “o Concello financiará con fondos propios as obras nas parroquias non incluídas no FEIL. No ano 2009 todas as parroquias de Lugo terán obra pública, non quedará ningunha sen actividade”.

Obras rurais fóra do Fondo Estatal de Investimentos Locais:

  • Dende estrada de Ombreiro ao a urbanización O Salete (Outeiro de Rei)
  • Dende estrada DP 29-7 en Ventosiños a igrexa de Coeses
  • Dende Ventosiños a escola de Coeses
  • Dende autovía a igrexa San Mamede dos Anxos
  • Dende estrada DP 29-3 ao núcleo de Vigo (Vilachá de Mera)
  • Dende estrada 630 ao campo da festa, escola e igrexa de Romeán
  • Dende DP 29-6 a igrexa de Cuíña
  • Dende 630 a DP 29-17 en Gondar
  • Dende cruce de Barredo ao límite do concello (en Gondar)
  • Dende a ponte do Mera a cruce de Penarrubia (Orbazai)
  • Dende a nova ETAP a Adai

A memoria de proxectos de obras con cargo ao Fondo Estatal de Investimentos Locais inclúe 43 obras para a zona rural, os orzamentos municipais recollen os investimentos precisos para que as 54 parroquias lucenses conten con obras ao longo do ano 2009.

O seu obxectivo é mellorar as comunicacións destes puntos, actuando nos principais viais de acceso a todas as parroquias do concello de Lugo. Tamén se inclúe un proxecto para a recuperación da Escola rural de Santa Comba como Centro de Dinamización Social, que se unirá a Coeses, San Xoán de Campo, Bóveda e Calde.

A Escola de Santa Comba, pertence a un programa de construción de escolas unitarias dos anos sesenta e na actualidade emprégase como local da parroquia.

FONDO ESTATAL DE INVESTIMENTOS LOCAIS EN LUGO

TOTAL OBRAS ……….…….…….…. 79 obras ……………..…. 16.748.955 EUROS

LUGO RURAL

ZONA RURAL ……….…….…….…. 43 obras ……………..…. 3.759.668 EUROS

Actuación Zona Importe Traballadores

LUGO RURAL

Camiño da Estrada 612 A Portomarín a Estrada D.P. Lousada Maceda Santa Cristina e San Román 111.990 EUROS 10
Camiño dende a Estrada D.P. 29-13 ao núcleo de Ribas de Miño Ribas de Miño 28.977 EUROS 9
Camiño dende Coelleira ao núcleo de Piñeiro San Martiño de Piñeiro 35.707 EUROS 9
Camiño dende a estrada D. P. 29-19 a San Martiño de Piñeiro San Xoan do Campo e Piñeiro 79.184 EUROS 10
Camiño dende Raña estrada LU-612 ao límite con Guntín Santiago de Saa 125.390 EUROS 10
Camiño dende Raña a Argonde Santa Marta de Fixós, Saa e San Xoan do Campo 114.817 EUROS 10
Camiño dende estrada D.P. 29-7 a Santa Marta por Reboredo Soñar e Santa Marta de Fixós 98.980 EUROS 10
Camiño dende Raña a Lamas Saa, Bazar e Lamas 239.054 EUROS 30
Camiño dende a estrada N-540 a Monte de Meda Monte de Meda 15.836 EUROS 9
Camiño dende a estrada N-540 a Bazar Calde e Bazar 87.102 EUROS 10
Camiño dende estrada LU-232 a Vilaestevez e estrada D.P. 29-1 San Xoan do Alto 77.204 EUROS 10
Camiño dende estrada D.P. 29-1 A Uceira a Vilar de Poutomillos Poutomillos 27.344 EUROS 8
Camiño dende a estrada 612 en Soñar a estrada N-540 por Esperante Soñar e Esperante 128.922 EUROS 10
Camiño de Toiriz ao Campo da festa en Cima de Vila Santiago de Piugos 68.676 EUROS 10
Camiño da estrada LU-234 a Aez por Maira Camoira 45.496 EUROS 8
Camiño de Outeiro a estrada LU-232 San Salvador de Outeiro 46.089 EUROS 8
Camiño dende O Burgo estrada D.P. 29-1 a Garaloces O Burgo 43.016 EUROS 6
Camiño entre Bóveda e San Pedro de Mera por Recimil e Crecente Santa Eulalia de Bóveda 124.309 EUROS 10
Camiño dende estrada D.P. 29-1 a Igrexa de Bacurín Bacurín 49.467 EUROS 6
Camiño dende estrada LU-232 en Retorta a Torible de Arriba Torible 72.842 EUROS 10
Camiños dende a estrada LU-232 a Marcoi e a Riobo, As Campas e Igrexa parroquial Santa María Alta 75.741 EUROS 7
Camiño dende Milleirós a Igrexa de Meilán Santiago de Meilán 48.950 EUROS 6
Camiño dende núcleo de Bocamaos a estrada LU-234 Bocamaos 70.309 EUROS 10
Camiño dende a N-VI ao límite con Outeiro por Bagueixos e Brea Tirimol 143.740 EUROS 6
Camiño dende Fafián a Barcia por Cerracín en Mazoi Pías 104.991 EUROS 7
Camiño dende Barcia a Gándaras de Piñeiro por Talleres Ambla e Piñeiro Mazoi e Muxa 78.536 EUROS 10
Camiño dende o paso elevado autovía a Benade a Santa María de Muxa Santa María de Muxa 173.550 EUROS 10
Camiño dende núcleo de Benade a Piñeiro por Gundín Muxa e Benade 139.401 EUROS 10
Camiño dende a N-640 a Caneda por Pedreda, Outeiro e Alvarello Pedreda 76.993 EUROS 10
Camiño dende a N-640 en Rubiás a C-630 en Bascuas (Vilarvente) Rubiás 312.180 EUROS 30
Camiño dende estrada C-630 a Eirexe por Manzoi Carballido 168.852 EUROS 10
Camiño dende antiga N-VI a Igrexa de Bóveda Coeo 75.888 EUROS 10
Camiño dende paso elevado autovía a Recimil e Iglesia Recimil 99.776 EUROS 10
Camiño dende San Juan de Pena a estrada de Sarria a Baradas San Xoan de Pena 25.132 EUROS 4
Camiño dende estrada de Sarria por Santa Comba a Carretera de Páramo C.P. 29-4 Santa Comba 113.564 EUROS 10
Camiño da Nacional VI á igrexa parroquial San Andrés de Castro 23.017 EUROS 5
Camiño dende a estrada 234, dirección Adai ata o cruce de Amedin San Martín de Ombreiro 40.079 EUROS 5
Camiño dende o cruce de A Vila, ao puente do Río Mera, dirección Vilachá Prógalo 35.159 EUROS 6
Camiño dende a N-640 na Campiña ao paso superior da autovía San Salvadcr de Muxa 45.355 EUROS 6
Camiño dende a estrada 232 en Astariz, á DP 29-1 en Santo San Vicente do Veral 19.046 EUROS 6
Camiño e praza dende o paso inferior da autovia á praza da igrexa parroquial Santa María de Bóveda 52.726 EUROS 6
Camiño e praza dende a N 640 á Igrexa Parroquial e Rego das Dornas Santa María de Teixeiro 16.059 EUROS 6
Recuperación da Escola rural de Santa Comba Santa Comba 200.000 EUROS 8

López Orozco suliñou que “un dos compromisos do Equipo de Goberno é equiparar todas as zonas da cidade, da zona urbana e da rural, mellorando a calidade vida dos veciños e veciñas, ese é o noso gran obxectivo”.

Nova ponte

Neste senso a construción da nova ponte é outro dos grandes retos deste goberno “esta obra de enxeñería, que conta con máis de 3.500 millóns de pesetas de investimento, dará servizo a numerosas parroquias do rural. A nova ponte eliminará a fronteira natural que creou o río Miño e que separaba barrios e parroquias, do resto da cidade”.

A nova ponte dará servizo aos veciños e veciñas de:

  • Barrio de A Ponte e San Lázaro
  • Piugos
  • Soñar
  • Santiago de Saa
  • San Xoan do Campo
  • Santa Marta de Fixós
  • Coeses
  • Santa Cristina de San Román
  • Piñeiro
  • San Mamede de Ribas do Miño
  • Cuiña
  • Ao cemiterio,
  • Polusa,
  • Aqualife,
  • Club fluvial
  • E mellorará as comunicacións cos municipios de Portomarín e Paradela.

López Orozco reiterou a súa emoción pola publicación no BOE do inicio dos trámites de licitación dun proxecto “moi esperado por todos” e que supón un paso máis no compromiso adquirido polo actual Ministro de Fomento, José Blanco, con esta cidade e con esta provincia.

O responsable de Zona rural, Lino González Dopeso, referiuse pola súa banda ao traballo feito dende a súa Concellería no rural nestes últimos anos.

Instalación de 380 novos puntos de luz

Dende o ano 2007 colocáronse nas parroquias lucenses un total de 380 novos puntos de luz, que contaron cun investimento de 372.029 euros.

Neste momento xa remataron ou están a punto de rematar as seguintes obras na zona rural:

  • Mellora do pavimento e acondicionamento de pistas en Ribas de Miño, Esperante, Pedreda, San Xoan do Alto, Bacurín, Carballido-Fazai e Gondar.
  • Acondicionamento de zonas para depósito e recollida de plásticos no Burgo, San Xoan do Campo, Coeses e Santa María de Bóveda.
  • Recuperación de fontes e lavadoiros en Ombreiro, Ribas de Miño e San Xoan do Campo.
  • Arranxo das escolas rurais de Saa e dos contornos de Cuíña e San Salvador de Outeiro.
  • No mes de marzo comezou a traballar a Brigada da zona rural, con novo persoal, e dende entón bachearon pistas en Tirimol, Santa María de Muxa, San Salvador de Muxa e nas proximidades de As Gándaras.

Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova