Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Banda Municipal de Música celebra o I Ciclo de Solistas da súa historia


# Luns, 20/04/2009
Será o mércores a partir das 20:00 horas no Círculo das Artes coa actuación do percusionista Efraim Díaz

A Banda Municipal de Música do Concello de Lugo celebrará o I Ciclo de Solistas de músicos desta agrupación. O concerto inaugural correrá a cargo do percusionista Efraim Díaz o vindeiro mércores 22 de abril ás 20:00 horas no Círculo das Artes.

Este membro da Banda de Música de Lugo presentará ante o público asistente os temas que inclúe o seu disco Viaje por Kallaikía. Nesta obra o músico pretende realizar unha viaxe, un paseo por Galicia, por cada unha das cuatro provincias, representando tamén a súa propia viaxe interior. O uso de paisaxes sonoras, mezcladas cos sonidos tradicionais das percusións galegas cunha linguaxe contemporánea, xunto ao uso de imaxes e vídeo para acentuar as emocións, trasladan ao oínte no tempo e no espazo espertándolle todo tipo de emocións e sensacións.

O concerto contará cun programa de sete pezas compostas polo músico lucense e doutros autores internacionais:

  • Viaje por Kallaikía de Efraim Díaz, 2008 (Audio-visual).
  • Ripple de Akira Miyoshi, 1991 (Marimba)
  • Snare Drumminal 1,2,3 y 4 de Efraím Díaz, 2008 (Dúo Caixas)
  • Open Attick Window de E. Rackipov, 1995 (Vibráfono)
  • DESCANSO 10 MINUTOS
  • Potafro de Efraim Díaz, 2008 (Multipercusión)
  • Meteora de Efraim Díaz 2008 (Marimba+cd+sampler)
  • The Castle of the Mad King de N.J.Zivkovic, 1998 (Multipercusión)

O vindeiro concerto deste ciclo, que se está a preparar, terá como protagonistas á trompeta e ao saxo.

Traxectoria do solista

Efraím Díaz naceu en Lugo en 1980, inicia dende os 8 anos os seus estudos de gaita galega, frauta e percusión galega co seu pai Cándido Díaz baixo a agrupación Zuncurrundullo de Castroverde, de que hoxe é membro.

Foi alumno oínte da Escuela de Altos Estudios Musicales de Galicia e estivo becado durante un ano pola Asociación de Intérpretes y Ejecutantes de España (A.I.E) na Escola Estudio de Santiago de Compostela para estudar percusión latina.

Recibiu clases de percusionistas como Eric Sammut, Markus Leosson, Philippe Spiesser, Igor Lesnik, Ludwig Albert, Chin Cheng Lin, N.J. Zivkovick, Beverley Jhonston, Jean Geoffroy entre outros.

Como músico percusionista formou parte de diversas agrupacións: Camerata Lucense (Clásico), bandas de música populares, grupos de teatro, Palma Fiore (Hip Hop) Die Away (Trash Metal), Nómada (Folk e músicas do mundo), Color Café (Latin jazz) e no espectáculo Tambores de Fuego.

É titulado Superior na especialidade de percusión polo Conservatorio Superior de Música de A Coruña. Exerce de profesor de percusión do Conservatorio de Música de Vilalba e do Conservatorio “Mestre Ibáñez” de Monforte de Lemos. Tamén é músico solista de percusión por oposición na Banda Municipal de Música de Lugo.

No ano 2008 obtivo a Beca para primera obra 2008 da Fundación Caixa Galicia coa que logrou gravar o seu primeiro disco como percusionista en solitario: Viaje por Kallaikía.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova