Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Escola Municipal de Tiro con Arco acada grandes éxitos no I Torneo do Concello de Teo


# Martes, 21/04/2009
Varios arqueiros lucenses clasificáronse nas diferentes categorías

Membros da Escola Municipal de Tiro con Arco do Concello de Lugo participaron esta fin de semana no I Torneo do Concello de Teo. A actuación dos arqueiros lucenses nesta competición celebrada no Pavillón Deportivo do IES Cacheiras, pechouse cun balance moi positivo:

Na categoría de benxamín feminino a primeira clasificada foi Marta Guerrero Arribas, en infantil masculino o primeiro clasificado foi Carlos Jesús Sánchez Vázquez e en terceiro lugar quedou Jacobo González Ventositos. Por último, na categoría cadete masculino clasificouse en primeiro lugar Jorge Alfonso Fernández López e no terceiro posto Daniel Vázquez Torrón.

Foi especialmente destacable a gran competición desenvolvida polo arqueiro lucense Jorge Alfonso Fernández López, que acadou 353 puntos dos 360 posibles.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova