Imprimir

A ESCOLA MUNICIPAL DE TIRO CON ARCO ACADA GRANDES ÉXITOS NO I TORNEO DO CONCELLO DE TEO


21/4/2009 Varios arqueiros lucenses clasificáronse nas diferentes categorías

Membros da Escola Municipal de Tiro con Arco do Concello de Lugo participaron esta fin de semana no I Torneo do Concello de Teo. A actuación dos arqueiros lucenses nesta competición celebrada no Pavillón Deportivo do IES Cacheiras, pechouse cun balance moi positivo:

Na categoría de benxamín feminino a primeira clasificada foi Marta Guerrero Arribas, en infantil masculino o primeiro clasificado foi Carlos Jesús Sánchez Vázquez e en terceiro lugar quedou Jacobo González Ventositos. Por último, na categoría cadete masculino clasificouse en primeiro lugar Jorge Alfonso Fernández López e no terceiro posto Daniel Vázquez Torrón.

Foi especialmente destacable a gran competición desenvolvida polo arqueiro lucense Jorge Alfonso Fernández López, que acadou 353 puntos dos 360 posibles.