Imprimir

O CONCELLO DE LUGO FORMA A 25 EMPRESARIOS DA CIDADE EN MATERIA DE XESTIÓN FINANCEIRA


21/4/2009 O Goberno Local pretende proporcionar os coñecementos necesarios para avaliar a situación económica das PEMES de Lugo

A Concelleira de Economía e Emprego do Concello de Lugo, Sonia Méndez, inaugura o curso "Xestión financeira en empresas" que se celebra dende hoxe, martes 21 de abril, no CEI-Nodus e no que participarán empresarios lucenses.

A Concelleira explicou que a convocatoria do curso tivo un enorme éxito, xa que presentáronse 40 solicitudes para cubrir as 25 prazas ofertadas.

O Concello pretende facilitar ás pequenas e medianas empresas da cidade os coñecementos teóricos e prácticos que lles permitan avaliar a súa propia situación económica, ao tempo que as dota das claves precisas para saber como xestionar a súa actividade financeira ou como actuar en situacións de crise.

Unha vez rematado o curso, farase un seguemento das empresas participantes para avaliar os resultados derivados da implantación das melloras e recomendacións plantexadas polos especialistas.

Con esta acción formativa levada a cabo en colaboración coa Fundación EOI, o Concello reflexa o seu esforzo para que en Lugo se instalen novas empresas, se asenten e se afiancen.

O Concello de Lugo aportará a esta acción formativa, que está parcialmente financiada polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, unha cantidade de 7.300 euros, que sufragará grazas a unha subvención do Fondo Social Europeo.