Cargando....
Concello de Lugo
24/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo organiza a lectura pública de El Quijote para conmemorar o Día Mundial do Libro


# Mércores, 22/04/2009
O Alcalde e varios membros da Corporación participarán na lectura da obra de Cervantes

O Concello de Lugo en colaboración coa asociación Ágora Cultural organiza a lectura pública de "El Quijote" na Praza Maior para conmemorar o vindeiro xoves, día 23 de abril, o Día Mundial do Libro.

O acto comenzará ás 10:00 horas, diante da Casa Consistorial, e ao longo da mañá os escolares dos centros educativos da cidade lerán parágrafos da obra mestra da literatura española.

Pola tarde retomarase, a partir das 17:00 horas, a lectura pública do Quijote na que todos os lucenses que o desexen poderán participar, xa que o Concello convida a toda a cidadanía a ler a novela de Cervantes. O Alcalde, José López Orozco, a Concelleira de Cultura, Concepción Burgo, e outros membros da Corporación Municipal participarán nesta lectura pola tarde.

O Día do Libro conmemórase desde o ano 1930 en lembranza do falecemento dos escritores Miguel de Cervantes y Saavedra, William Shakespeare e o do cronista Garcilaso de la Vega (el Inca), todos ocorridos o 23 de abril de 1616. No ano 1995, a Unesco acordou a proclamación universal do 23 de abril como o "Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor".




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova