Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde recibe no Concello ao realizador lucense que grabou dous documentais na Antártida


# Mércores, 22/04/2009
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu esta mañá na Casa do Concello ao realizador lucense Miguel Granero, que recentemente participou na grabación de dous documentais na Antártida

Imaxe Asociada

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu esta mañá na Casa do Concello ao realizador lucense Miguel Granero, que recentemente participou na grabación de dous documentais na Antártida. Neste acto estiveron, ademais de familiares e amigos do realizador, membros da Corporación Municipal.

López Orozco expresou a súa satisfacción por recibirlle no Concello como "mostra de que os lucenses somos capaces de facer moitas cousas, e encima, facelas ben".

Durante un acto distendido, o realizador compartiu cos presentes as vivencias da súa expedición no continente xeado. Explicou as súas experiencias co duro clima e a realización do documental sobre as persoas que viven alí, como pensan, as súas sensacións, o seu modo de vida.

Granero recibiu de mans de López Orozco un agasallo institucional como lembranza pola súa visita ao Concello e pola súa azaña vivida na Antártida.


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova