Imprimir

O CONCELLO DE LUGO EXPÓN AO PÚBLICO O CENSO ELECTORAL NO EDIFICIO ADMINISTRATIVO


23/4/2009 O obxectivo é que a cidadanía poida comprobar os seus datos de cara as vindeiras eleccións europeas

Ata o vindeiro 27 de abril nas Oficinas da Administración Municipal, sitas na Ronda da Muralla 197, estará exposto ao público o censo electoral do Concello de Lugo.  O obxectivo é que todos os veciños e veciñas da cidade poidan comprobar a corrección dos seus datos nas listas de votación e, en caso de erro, poder facer as reclamacións oportunas.

A consulta das listaxes, que se deberá realizar persoalmente, é un trámite necesario e conveniente para toda a cidadanía como garantía do seu exercicio de dereito ao voto nas vindeiras eleccións ao Parlamento Europeo que terán lugar o día 7 de xuño.

O horario de consulta será de 9:00 a 14:00 horas en días laborais e de 10:00 a 14:00 horas o sábado e o domingo.