Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Inaugurada en Santiago de Compostela a mostra do Concello de Lugo Valle-Inclán debuxado


# Xoves, 23/04/2009
É a primeira exposición organizada polo Concello que se converte en itinerante

Imaxe Asociada Imaxe Asociada

A exposición Valle-Inclán debuxado foi inaugurada onte mércores 22 de abril no Colexio de Fonseca en Santiago de Compostela, converténdose así na primeira mostra organizada polo Concello de Lugo que se transforma nunha mostra itinerante unha vez finalizada a súa estancia en Lugo. Neste acto estivo, en representación do Goberno Local, a Concelleira de Cultura e Turismo.

A exposición consta dunha selecta colección de máis de 200 caricaturas e imaxes do autor elaboradas entre 1888 e 1936 coas que se pretende facer unha homenaxe a Valle-Inclán. A mostra permite ofrecer ao público unha ampla variedade de visións, perspectivas e interpretacións que un gran número de artistas gráficos do primeiro terzo do século XX deixaron para a posteridade na prensa periódica da época.

Santiago de Compostela é a primeira cidade na que se expón Valle-Inclán debuxado, pero son moitas as institucións culturais de renome que amosaron o seu interese por contar con esta exposición como o Teatro Español de Madrid e a Sociedad Estatal de Conmemoraciones. Ademais estase a establecer negociacións co Instituto Cervantes para levar esta mostra sobre Valle-Inclán por Hispanoamérica e Europa.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova