Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O BOE anuncia xa as datas para o levantamento das actas previas para a construción da nova ponte de Lugo


# Xoves, 23/04/2009
O levantamento das actas farase os días 2 e 3 de xuño no Centro Social Uxío Novoneira

O Boletín Oficial do Estado de hoxe, día 22 de abril, publica as datas nas que se levará a cabo o levantamento das actas previas á ocupación de bens afectados polas obras para a construción da nova ponte sobre o río Miño ao seu paso pola cidade.

O levantamento das actas farase os días 2 e 3 de xuño, cumprindo todos os prazos comprometidos. Hai menos dunha semana (o día 16 de abril) o BOE licitaba as obras para a construción da nova ponte e anunciaba o levantamento de actas para comezos do mes de xuño, tal e como hoxe xa se confirma, demostrando o compromiso con Lugo do Ministro de Fomento, José Blanco, xa que se están a cumprir todos os prazos e a axilizar ao máximo os trámites para que o municipio conte o antes posible coa nova infraestrutura.

O BOE convoca aos propietarios dos terreos afectados polo proxecto de construción da ponte para que asistan ao levantamento das actas previas á ocupación no Centro Social Uxío Novoneira, nestes días e horas:

-Día 2 de xuño de 2009

De 10:00 a 13:30 horas: dende Abel López, Manuel ata Fernández Prieto, Concepción

De 16:00 a 18:00 horas: dende Fernández Puentes, María Asunción ata Pacios Naval, Pilar

-Día 3 de xuño de 2009

De 10:00 a 13:30 horas: dende Palmeiro Díaz, Manuel e Outros ata Restaurante O Muíño S.L.

De 16:00 a 18:00 horas: dende Rodríguez Ares, Gerardo ata Vila Sánchez, Jesús

O listado completo de propietarios, que se publicará tamén no Boletín Oficial da Provincia, atópase exposto nos tablóns de anuncios do Concello de Lugo, así como na Demarcación de Estradas e na Unidade de Estradas do Estado en Lugo.

Presentación de plicas

O BOE do pasado 16 de abril facía pública a licitación do proxecto da nova ponte sobre o río Miño, que permitirá mellorar os accesos e saídas do casco urbano lucense dende o Oeste da cidade, e que conta cun orzamento de 21.453.987 euros, ao que hai que sumar o IVE e mailas expropiacións.

O proxecto licitado inclúe tamén os viais necesarios para conectar a circunvalación da N-VI coas estradas do sur de Lugo. Por unha parte, coa estrada de Portomarín LU-612, á altura do nacemento do Regato Chousa da Fonte; e por outra parte, coa antiga estrada de Santiago, a actual N-543, á altura do acceso ao Policlínico Lucense e que dá acceso ao barrio da Ponte. Estas conexións abren novas saídas dende a capital lucense cara a futura autovía A-54 de Lugo a Santiago.

O Boletín Oficial do Estado establecía tamén que as empresas interesadas no proxecto poden presentar as súas plicas para a construción da nova ponte ante o Ministerio de Fomento, ata as 11:00 horas do 27 de maio deste ano.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova