Imprimir

O CONCELLO DE LUGO CONTRATA TRES OBRAS MÁIS SUBVENCIONADAS POLO FONDO ESTATAL DE INVESTIMENTO LOCAL


24/4/2009 Contratouse a execución da Escola Infantil de San Fiz, dun novo ximnasio e da Casa da Xuventude

A Mesa de Contratación do Concello de Lugo adxudicou hoxe a execución de tres obras subvencionadas polo Fondo Estatal de Investimento Local do 2009:

  • No complexo deportivo de Frigsa a empresa Penas executará a obra para a construción dun novo ximnasio do que poderán disfrutar todos e todas as lucenses. O proxecto, que se realizará ao carón das pistas de tenis municipais, terá aproximadamente 300 metros cadrados edificados. Será un centro deportivo municipal de uso polivalente, aínda que, fundamentalmente, busca dar cobertura á práctica deportiva das escolas municipais.

Con esta obra, que conta cun orzamento de 329.809 euros, o Goberno Local demostra unha vez máis o seu compromiso co deporte base e a práctica deportiva xeneralizada do Concello de Lugo.

  • A Mesa de Contratación aprobou tamén a contratación de Construcciones Dios para a execución da obra dun edificio para Casa da Xuventude sito en San Fiz na parcela 10 do Sur-K, unha obra que conta cun presuposto de 974.400 euros.
  • A construción da Escola Infantil Municipal no barrio de San Fiz, para a que o Concello recibiu a oferta de nove empresas, correrá a cargo de ODEGAL. Esta obra conta cun orzamento de 730.800 euros.

Cumprindo cos compromisos acadados polo Equipo de Goberno para o fomento do emprego, nestas adxudicacións primou a creación de postos de traballo. Estas obras contarán cun total de 98 traballadores.