Cargando....
Concello de Lugo
23/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello propón un completo programa de actividades para escolares nas vindeiras semanas


# Domingo, 26/04/2009
A representación teatral dun conto, teatro en inglés e concertos didácticos son os novidosos métodos pedagóxicos propostos

A Concellería de Educación, que dirixe Dolores Vieiro, desenvolverá na última semana de abril e a comezos de maio un completo programa de actividades dirixidas ao alumnado de Educación Infantil, Primaria e Secundaria.

Con motivo da celebración escolar do Día Internacional do libro infantil, o 2 de abril, e o Día mundial do Libro, o 23 de abril, envióuselle aos centros educativos da cidade unha selección de libros de literatura infantil como dotación para as súas bibliotecas. Pero ademais convídaos a participar na representación teatral dun dos contos que se lles enviou: Lume!. As representacións terán lugar do 27 ao 30 de abril no salón de actos do Centro Social de Fingoi.

A obra, de 45 minutos de duración, dirixida a nenos e nenas de segundo e terceiro de Educación Infantil, terá lugar en pases ás 10:00, ás 11:30 e ás 12:30 horas, agás o luns 27 de abril que só haberá dúas funcións: ás 11:30 e ás 12:30 horas.

Para o alumnado de Secundaria, volve o Teatro en Inglés, que terá lugar o 29 de febreiro no Auditorio Municipal Gustavo Freire. Representarase a obra “Food for thought” -Alimento para el pensamiento- con material didáctico para traballar nas aulas e as representacións tan novidosas e pedagóxicas que estimulan aos rapaces na aprendizaxe do inglés. Haberá catro representacións: ás 9:30, ás 11.00, ás 12:30 e ás 17:00 horas.

Por outra banda, un ano máis o Concello de Lugo organiza conxuntamente coa Obra Social de Caja Madrid, unha serie de concertos didácticos dirixidos ao alumnado de 2º e 3º ciclo de Educación Primaria. O concerto Sonidos de la Tierra é un concerto pedagóxico que inclúe unha selección de músicas étnicas e variados estilos musicais, interpretadas con instrumentos orixinais dos países que as viron nacer. Ademais da música, os asistentes coñecerán historias e anécdotas relacionadas coa orixe e a cultura dos ritmos interpretados que, á súa vez, serán ilustrados cunha proxección multimedia. Os concertos corren a cargo de José Luís Gutiérrez e o seu cuarteto, integrado por profesores titulados que exerceron ou exercen a docencia musical e gozan dun recoñecido prestixio como instrumentistas.

O coñecemento de valores como a tolerancia, a integración, a amizade e a solidariedade, implícitos na música e esenciais para o desenvolvemento da personalidade dos mozos e mozas, é o obxectivo fundamental que deste novo programa de concertos didácticos que terán lugar os días 5 e 6 de maio no Auditorio Municipal Gustavo Freire ás 10:30 e 12:15 horas.

Ciencia Divertida

Por outra banda a Concellería de Educación organizou un total de 113 obradoiros de Ciencia Divertida para ensinar esta materia dunha forma profesional, participativa e entretenida aos nenos e nenas de educación infantil e primaria dos centros educativos da cidade.

Os obradoiros que se desenvolverán ata o 5 de xuño son os seguintes:

TOLAS POMPAS: Con este obradoiro, os alumnos poderán, desde coñecer os produtos cos que se elaboran ata crear instrumentos para facer as súas propias pompas. Deste xeito, e xogando, comprobarán como nunha pompa podemos observar todas as cores do arco iris. A través deste obradoiro os nenos verificarán que as pompas de xabón son sempre redondas, independentemente da forma que lles dá orixe, poderán observar a difracción da luz nas pompas de xabón, adestrar o control dos movementos (soprando)e aumentar a súa destreza manual, así como observarán diversos efectos luminosos producidos polas pompas de xabón dentro dunha botella.

OS TOLOS ESTADOS DA MATERIA: Os alumnos aprenderán a:

  • explicar que son os átomos
  • identificar sólidos e líquidos e describir a evaporación
  • identificar os tres estados da materia
  • describir o movemento dos átomos nos gases, líquidos e sólidos
  • explicar como a temperatura afecta aos movementos dos átomos
  • describir que é sublimación e dar un exemplo

A DENSIDADE DA MATERIA: Alumno será capaz de:

  • compor unha lista de cousas por orde da súa densidade.
  • explicar por que algunhas cousas flotan, como a madeira, mentres outras cousas vanse ao fondo, como o aceiro.
  • comprobar que a auga salgada é máis densa que a auga doce (non salgada).
  • explicar por que os barcos e as persoas flotan máis no mar que nos lagos.
  • montar un modelo de líquidos e obxectos para mostrar as súas diferentes densidades.
  • explicar como se pode regular a densidade de algo controlando a súa masa.
  • explicar por que un globo que leva dúas persoas flotará aínda mellor que con soamente unha persoa.

DESCUBRINDO A ELECTRICIDADE: A través do Xerador Van der Graaf os alumnos aprenderán:

  • qué é a electricidade estática e algúns dos seus efectos.
  • que a electricidade son correntes de electróns e que estes podemos atopalos en toda a materia.
  • Qué é a repulsión e por qué se produce, e cómo e por qué a electricidade nos pon os pelos de punta.
  • Coñecerán a Xarra de Leyden, para qué serve e a través dela poderán ver a electricidade viaxando polo aire.
  • Que os electróns poden viaxar polo aire, e que faíscas e raios son correntes eléctricas.
  • Poderán explicar por qué cargas opostas se atraen e cargas iguais se repelen.
  • Por qué o Van der Graaf primeiro atrae obxectos e despois os repele.
  • Poderán explicar por qué as persoas son condutoras de electricidade e por qué hai descargazo.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova