Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O BOP publica a adxudicación provisional das obras de acondicionamento da escola de Santa Comba


# Martes, 28/04/2009
As obras de mellora desta escola rural contan cun orzamento de 200.000 euros e empregarán a 8 persoas

Imaxe Asociada

O BOP de hoxe, 28 de abril de 2009, fai pública a adxudicación provisional dunha nova actuación que se levará a cabo na zona rural do municipio de Lugo ao amparo do Fondo Estatal de Investimentos Locais.

Trátase das obras de acondicionamento da Escola rural da parroquia de Santa Comba, que contan cun orzamento de 200.000 euros, e que suporán recuperar a vella escola rural da parroquia, que forma parte do programa de construcións de escolas unitarias dos anos 60, como Centro de Dinamización Social, ampliando a oferta de lecer dos veciños e veciñas da zona.

A día de hoxe, a escola de Santa Comba emprégase como local da parroquia pero precisa dunha rehabilitación. Ademais, as instalacións dotaranse de accesibilidade e de pavimento antideslizante.

As obras foron contratadas á empresa Portosar Galicia e permitirán empregar a 8 persoas.
Con esta nova adxudicación, 29 das 43 obras da zona rural incluídas no FEIL están xa adxudicadas de xeito provisional ou definitivo, o que representa o 67% das actuacións previstas no conxunto das parroquias lucenses.

Estas obras na zona rural permitirán a máis de 400 persoas traballar en obra pública do Concello ao longo deste ano.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova