Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Agrupación de Tráfico e Seguridade Vial do Concello de Lugo realizou en dous meses unhas 1.100 actuacións


# Martes, 28/04/2009
Controis de velocidade, alcoholemia, intervencións en accidentes de circulación ou patrullaxe preventiva son algunhas das labores levadas a cabo por esta agrupación

Imaxe Asociada

O Concelleiro de Protección da Comunidade, José Rábade, presentou hoxe o balance das actividades realizadas pola Agrupación de Tráfico e Seguridade Vial do Concello de Lugo dende a reestruturación da Policía Local levada a cabo a principios do mes de febreiro.

Rábade amosouse moi satisfeito polo traballo efectuado polos axentes desta agrupación que ata o 20 de abril realizaron un total de 1.087 actuacións entre as que destacan:

  • 190 intervencións en accidentes de circulación.
  • 586 intervencións en disciplina del tráfico: dos que 123 deron lugar a retirada de vehículos coa grúa e 23 a enganches con la grúa.
  • 130 intervencións en apoio a outras unidades e informes.
  • 62 accións de patrullaxe preventivo.
  • 45 controles preventivos:
    • 11 de alcoholemia, nos que 6 das infraccións se cursaron como denuncias administrativas e 2 instruíronse dilixencias ao xulgado por ser delito contra a seguridade pública.
    • 22 de radar nos que se controlaron ao redor de 12.600 vehículos.- No último radar, controláronse 420 vehículos dos que 12 foron denunciados por superar en máis de 20 quilómetros por hora a velocidade establecida, un deles foi detectado a 84 qm/h polo que lle supuxo unha sanción de 140 euros e 2 puntos de carné. As sancións van dende os 100  ata os 520 euros con retirada de 6 puntos do carné de conducir.
    • 12 de cinto de seguridade e documentación. Houbo un denunciado por non utilizar a persoa denunciada o cinto de seguridade, costándolle unha sanción de 150 € e 3 puntos.
  • 33 intervencións con ocasión de deficiencias en la vía pública, como son as de realizar propostas de sinalización vertical, horizontal, ubicación de bolardos, a comunicación de desperfectos na vía pública (como beirarrúas rotas), limpeza de vía por manchas de aceite, ou comunicación de avarías en la red semafórica
  • 41 accións de regulación del tráfico.

Segundo explicou o Concelleiro, estes datos veñen a demostrar que a reestructuración da Policía Local está a ter resultados moi positivos.


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova