Imprimir

O CONCELLO DE LUGO ADXUDICA OS PROXECTOS DE RENOVACIÓN DA CUBERTA DO EDIFICIO ADMINISTRATIVO E DA CASA CONSISTORIAL


29/4/2009 Estas obras emplearán a 41 traballadores, 16 deles novos

A Mesa de Contratación do Concello de Lugo adxudicou dous proxectos máis dos 79 presentados polo Goberno Municipal ao Fondo Estatal de Investimento Local.

O primeiro dos proxectos adxudicados foi a renovación da cuberta con aproveitamento para uso administrativo, rehabilitación de fachada e incorporación de galería no centro de servizos municipais do Concello sito na Ronda da Muralla 197. A adxudicataria para ejecutar este proxecto que conta cun orzamento de 782.066 euros , será a UTE Xestión Ambiental e Dios, que empleará a 24 traballadores, 12 deles novos.

Por outra banda, aprobouse tamente a renovación de elementos de cuberta da Casa Consistorial sita na praza Maior. Esta obra será levada a cabo por Tuconsa, que empleará a 17 traballadores, 4 deles novos. A renovación da cuberta da Casa do Concello conta cun orzamento de 487.832 euros.

Como en todas as contratacións para as execucións das obras do Fondo Estatal, e cumprindo cos compromisos acadados polo Equipo de Goberno para o fomento do emprego, nestas adxudicacións primou a creación de postos de traballo