Cargando....
Concello de Lugo
24/10/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo acudirá a Washington invitado pola OEA para falar sobre a política de prevención de drogas


# Xoves, 30/04/2009
Será os días 6, 7 e 8 de maio na sede da Organización de Estados Americanos. Manterá varios encontros de traballo para organizar o Foro Internacional da CICAD que comezará en Lugo o 18 de maio de 2010.

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, participará os días 6, 7 e 8 de maio na 45 reunión da CICAD (Comisión Interamericana para o Control do Abuso de Drogas), órgano de loita contra as drogas da Organización de Estados Americanos.

Foi invitado pola OEA para explicar diante dos países membros deste organismo, a política que en materia de prevención das drogodependencias lévase a cabo en Lugo, cidade modelo para representar a España nesta materia na institución internacional.

Trátase do cuadraxésimo quinto período ordinario de sesións da Comisión Interamericana para o Control do Abuso de Drogas, Secretaría de Seguridade Multidimensional da Organización dos Estados Americanos (OEA) que terá lugar en Washington, D.C. no edificio da Secretaría Xeral, Salón Padilha Vidal (1889 F Street, Washington, D.C.)

Ao longo destes tres días terán lugar encontros de traballo cos responsables da OEA e con expertos da Subsecretaría de Seguridade Multidimensional, que son os que coordinan as accións da OEA na loita contra o terrorismo, as drogas ilícitas e outras ameazas á seguridade pública.

Tamén se están pechando coa Embaixada as diferentes axendas para organizar encontros de traballo con outros responsables políticos e institucionais de Washington, entre os que se atopa o Secretario Xeral da OEA, José María Insulza.

Entre os temas que expoñerá o Alcalde lucense está, por suposto, a organización do II Foro Internacional contra as drogas que terá lugar en Lugo en maio do 2010, e que atraerá á cidade a numerosas autoridades de todo o mundo.

Nestes momentos estanse coordinando esforzos entre o Concello de Lugo, o Plan Nacional sobre Drogas, a Secretaría Xeral da OEA, a Presidencia do Goberno de España e a Presidencia da Comisión Europea, para pechar a organización deste evento tan importante para España.

O primeiro paso para a preparación desta viaxe será unha videoconferencia cos responsables da CICAD en Washington, que terá lugar o xoves 30 de abril ás 17:00 horas (11.00 horas en Washington).

Nela participarán:

  • O Alcalde de Lugo, José López Orozco
  • O Embaixador James F. Mack. Secretario Executivo da CICAD/OEA
  • A Dra. Anna Chisman. Xefa de Redución da Demanda da CICAD/OEA
  • O Gerente de EU-LAC en CICAD/OEA, Antonio Lomba.

A OEA decidiu invitar ao Alcalde de Lugo, como representante da cidade que acollerá un dos Foros máis importantes do seu traballo na loita contra as drogas ilícitas, e que xa foi bautizado como Foro Lugo pola Organización Internacional.

A intervención do Alcalde que será na sé da OEA, en Washington, centrarase no papel de liderado que ten Lugo nestes momentos en materia de prevención de drogodependencias e a importancia de participar nun programa integral no que se intentan unir esforzos internacionais, nacionais, rexionais e municipais neste ámbito.

Terminará cunha quenda de preguntas por parte dos países representantes.

A OEA

A OEA é unha institución moi sólida que reúne aos países do hemisferio occidental para fortalecer a cooperación mutua en torno aos valores da democracia, defender os intereses comúns e debater os grandes temas da rexión e o mundo. Está considerada e así a definen os seus responsables, como o proceso de integración máis vello do mundo. Ten máis de 100 anos de antigüidade e é a herdeira do movemento panamericano de tanta importancia na Segunda Guerra Mundial.

Trátase do principal foro multilateral para o fortalecemento da democracia, a promoción dos dereitos humanos e a loita contra problemas compartidos como a pobreza, o terrorismo, as drogas e a corrupción. Xoga un papel central no cumprimento dos mandatos establecidos para a rexión a través do proceso de Cumes das Américas.

Na OEA traballan con catro idiomas oficiais "español, francés, inglés e portugués".A Organización está composta por 35 Estados membros (entre os que se atopa Estados Unidos): as nacións independentes de Norte, Sur e Centroamérica e o Caribe.

Nacións doutras rexións do mundo, entre elas España, participan en calidade de Observadores Permanentes, o que lles permite seguir de preto os problemas que afectan ao hemisferio.

Os países membros establecen políticas e obxectivos por medio da Asemblea Xeral, que convoca aos ministros de Relacións Exteriores das Américas a un período ordinario de sesións que se celebra todos os anos. O Consello Permanente, conformado por embaixadores nomeados polos países membros, reúnese periodicamente na sé a OEA en Washington para ofrecer lineas sobre políticas e accións vigentes.

Secretaría Xeral da OEA, nestes momentos dirixida por José María Insulza, pon en práctica os programas e políticas establecidas polos organismos políticos.

Baixo esta estrutura, catro Subsecretarías especializadas coordinan os esforzos da OEA nas seguintes áreas:

  • Subsecretaría de Asuntos Políticos ? Dirixe os esforzos da OEA para promover a democracia, fortalecer a gobernabilidade e previr as crises políticas.
  • Subsecretaría de Seguridade Multidimensional ? Coordina as accións da OEA na loita contra o terrorismo, as drogas ilícitas e outras ameazas á seguridade pública.

Neste apartado está integrada a CICAD (Comisión Interamericana para o Control do Abuso de Drogas) da que Lugo forma parte representando a España como membro do seu Comité Executivo, xunto a Edimburgo, Göteborg, Santo Domingo e Montevideo.

Lugo foi seleccionada no ano 2007 polo seu bo traballo na prevención das drogodependencias. O papel da cidade de Lugo, dentro da OEAS é o de asesoramento para a posta en marcha de estratexias bilaterais e liderar proxectos relacionados coa prevención e o tratamento de adiccións ás drogodependencias.

En marzo de 2008 o Pleno do Concello aprobou que Lugo organice o II Foro Internacional, que finalmente terá lugar en maio de 2010.

  • Secretaría Executiva para o Desenvolvemento Integral ? Inclúe áreas que promoven o desenvolvemento social, desenvolvemento sostible, comercio e turismo, así como educación, cultura, ciencia e tecnoloxía. Manexa, ademais, o seguimento ás reunións ministeriais sobre numerosos temas.
  • Subsecretaría de Administración e Finanzas ? Prové servizos de apoio á Secretaría Xeral, en materia de recursos humanos, información e tecnoloxía, asuntos presupostarios e outros.
  • Departamento de Asuntos Xurídicos Internacionais ? Promove a cooperación xurídica entre os países membros, ofrecendo apoio na elaboración e implementación de tratados internacionais.

Outros departamentos, oficinas e axencias, como os organismos interamericanos para a protección dos dereitos humanos e o Departamento de Cumes das Américas, están baixo a administración directa do Secretario Xeral. O Secretario Xeral Adjunto ten baixo o seu cargo a supervisión de áreas administrativas e unidades especializadas, entre elas as secretarías da Comisión Interamericana de Mulleres, o Instituto Interamericano do Neno, a Nena e Adolescentes, a Comisión Interamericana de Portos e a Comisión Interamericana de Telecomunicaciones.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova