Cargando....
Concello de Lugo
29/10/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O BOP publica a adxudicación provisional das obras de adecuación da zona verde da Costa da Viña


# Xoves, 30/04/2009
As obras contan cun orzamento de 322.955 euros e empregarán a 15 persoas

Imaxe Asociada

O BOP de hoxe, 30 de abril de 2009, fai pública a adxudicación provisional dunha nova actuación que se levará a cabo no municipio de Lugo ao amparo do Fondo Estatal de Investimentos Locais.

Trátase das obras de adecuación da zona verde da Costa da Viña, que contan cun orzamento de 322.955,79 euros.

O proxecto supón a recuperación da contorna natural na zona da Costa da Viña, mediante accións de tipo ambiental (restauración, limpeza de maleza, dotación de infraestruturas...), implantación de sendas peonís e recuperación dos accesos a outras zonas verdes próximas, como é o Parque Marcos Cela, establecendo as condicións axeitadas que permitan á cidadanía disfrutar do medio natural do municipio.

A zona de actuación ten unha superficie aproximada de 96.000 metros cadrados, e constitúe a prolongación natural do Parque Marcos Cela, na zona baixa do barrio da Acea de Olga.

As obras foron contratadas á empresa Calfensa Proxectos S.L. e permitirán empregar a 15 persoas.

Máis da metade dos 79 proxectos incluídos na memoria do Fondo Estatal de Investimentos Locais están xa adxudicados, de xeito provisional ou definitivo. A súa execución suporá importantes melloras na zona urbana e rural do municipio, e permitirán a máis de 700 persoas traballar en obra pública do Concello ao longo deste ano.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova