Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Un total de 26 grupos participarán nas X Xornadas de Artes Escénicas de Lugo


# Xoves, 30/04/2009
As actuacións comezarán o 14 de maio e rematarán o 12 de xuño

Imaxe Asociada

A Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, a directora do Colexio Fingoi, Asunción Fernández, e Paloma Lugilde, directora do grupo de Teatro Palimoco, presentaron hoxe as décimas Xornadas de Artes Escénicas que terán lugar no Centro Social de Fingoi.

Serán un total de 26 grupos de toda Galicia e 27 actuacións en 11 días de xornadas. Os grupos da cidade de Lugo participantes serán: o Colexio Rosalía de Castro, Colexio Anexa, UpiasKa Teatro, Trasnadas Teatro, Instituto Politécnico, Divina Pastora, Hospital de Día San Xosé, Down Lugo e Colexio Fingoi. Ademais, participarán Velaí-Tes Teatro do Centro Social Municipal Uxío Novoneyra e Comicaco do Centro Social Municipal de Fingoi e o Centro Social Municipal de A Milagrosa, o Conservatorio de Música e a Danza Escola de Arte e Lecer.

A Concelleira indicou que está “moi satisfeita de colaborar coa organización destas xornadas xa que todo o que ten que ver coas artes escénicas é moi importante para fomentar a creatividade, o traballo en equipo e a convivencia dende as idades máis novas”.

O programa comezará o 14 de maio cunha xornada adicada á figura de Antígona, cun intercambio teatral que permitirá achegarse a esta figura dende dous puntos diferentes, e rematará o venres 12 de xuño cunha actuación ao aire libre na praza Roxa do barrio de Fingoi na que UpiasKa Teatro representará Across the Universe.

Pero ao longo do programa destas X xornadas haberá espazo tamén para a música como o concerto da Orquestra de bandas de Galicia que terá lugar o 16 de maio ou o 6 de xuño co Grupo de Múxicas da Once. Os amantes da danza poderán desfrutar o 10 de xuño coa actuación do grupo de danza da Escola Arte e Lecer. Ademais, o cine terá o seu tempo o 11 de xuño cunha proxección dunha selección de curtos elaborados polos alumnos do colexio Fingoi e o instituto de Burela.

Os interesados en participar como espectadores deberán enviar a súa solicitude por correo certificado ao Colexio Fingoi, rúa Aviación Española nº37, 27002, Lugo antes do 11 de maio.

Pode atopar máis información e descargar o programa


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova