Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Éxito da mostra Valle-Inclán debuxado en Santiago de Compostela


# Sábado, 02/05/2009
É a primeira exposición organizada polo Concello de Lugo itinerante

A exposición Valle-Inclán debuxado que foi inaugurada o pasado 22 de abril no Colexio de Fonseca en Santiago de Compostela está a ter un verdadeiro éxito de asistentes. Na primeira semana do seu estadío na capital galega foron ao redor de 1.000 persoas as que visitaron esta mostra organizada polo Concello de Lugo en colaboración coa Cátedra Valle-Inclán.

É a primeira vez que unha exposición organizada polo Concello de Lugo se converte nunha mostra itinerante, polo que a satisfacción é aínda maior.

Á afluencia de público hai que engadir ademais as boas críticas e os especiais sobre a exposición que se están a publicar na prensa galega.

A exposición conta con máis de 200 caricaturas e imaxes do autor elaboradas entre 1888 e 1936 coas que se pretende homenaxear ao autor e ofrecer un amplo abano de visións, perspectivas e interpretacións dun gran número de artistas gráficos do primeiro terzo do século XX.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova