Cargando....
Concello de Lugo
24/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Servizo Municipal de Prevención das Drogodependencias desenvolve un completo programa de actividades


# Luns, 04/05/2009
Obradoiros de baile, curso de monitores de prevención en materia audiovisual ou teatro de mimo son algunhas das propostas.

Imaxe Asociada

A Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, presentou hoxe un conxunto de actividades que está a organizar o Servizo Municipal de Drogodependencias que depende da súa Concellería para concienciar á xuventude lucense dos efectos negativos do consumo de drogas.

Teatro de Mimo "MIMARTE" protagonizado por Peter Roberts terá lugar mañá martes día 5 de maio no Centro Social Uxío Novoneyra en tres sesións ás 9:00, 11:00 e 12:45 horas para 450 alumnos e alumnas de terceiro e cuarto da E.S.O. Esta actividade está orientada á prevención do consumo precoz e excesivo do alcohol por parte dos adolescentes a través do mimo. A participación activa dos estudantes favorece a reflexión crítica sobre o consumo excesivo do alcohol a través das representacións de situacións cotiás utilizando o mimo.

A Concelleira explicou que "o espectáculo ofrece información sobre os riscos do consumo inadecuado do alcohol promovendo unha participación activa dos rapaces, pasándoo ben e facendo reflexións, creando un espazo para a prevención diferente, novo, cercano e moi directo".

 

Curso de Baile Fama que se está a desenvolver dende o pasado sábado 2 de maio na Escola de Baile Star Dance. Esta actividade que permitirá á mocidade lucense coñecer ou mellorar nas diferentes modalidades de baile.

As clases teñen lugar os venres de 21:00 a 23:00 horas e os sábados de 19:30 a 21:30 horas, hai 25 prazas para as clases dos venres e 50 nas do sábado.

Esta actividade realízase en grupo, de dous a 6 integrantes, mozos ou mozas indistintamente, que elixen a modalidade de baile na que queren formarse para levar a cabo as súas propias coreografías.

Esta actividade alongarase nos meses de verán cun curso para os rapaces do Punto Xuvenil e Lamas de Prado.

 

Curso de monitores de prevención de drogodependencias no tempo libre, nesta ocasión centrándose na materia audiovisual. Esta será a cuarta edición desta actividade formativa dirixida a mozos e mozas lucenses de entre 18 e 35 anos.

Os interesados en participar poden realizar a súa inscrición a través do teléfono de Atención á Cidadanía 010 (ou no 982 297 350 se chaman dende fóra de Lugo) do 4 ata o 14 de maio.

O curso, que conta con 25 prazas e terá lugar no Centro Social Uxío Novoneyra, desenvolverase en dúas partes:

Parte teórica: venres (16:30 a 21:00) e sábados (9:30 a 13:00) dende o 15 de maio

ata o 6 de xuño.

Parte práctica: 48 horas (defínese durante o curso)

 

Por outra banda a Concelleira lembrou as actividades que se están a desenvolver dende o Servizo de Prevención de Drogodependencias dende o comenzo do curso 2008-2009:

- Obradoiros de prevención de drogodependencias en centros educativos para alumnos e alumnas de 5º de Primaria ata 4º ESO como os desenvolvidos en María Auxiliadora, Sanxillao, Salesianos, Rosalía de Castro, Fingoi, Quiroga Ballesteros, Milagrosa, Xoán Montes, Casás, Ánxel Fole, Virxe da Soidade e San Xosé.

- No Punto de Información Xuvenil de Lamas de Prado realízase o asesoramento e orientación á mocidade da zona, así como ao pais e veciños do barrio de Lamas de Prado. Se levan a cabo actividades de dinamización na Praza do Castiñeiro tales como xogos no barrio, actividades deportivas, obradoiro de abalorios, pintura, manualidades, globoflexia, papiroflexia, elaboración de xoguetes artesanais, xogos tradicionais, información de prevención de drogas aos adolescentes do barrio, elaboración ,por parte dos mozos, da revista Planeta 13, información do resto de actividades de interese para os mozos organizado por outras Concellerías .

- Cursos de Vixiante de seguridade e Especialista en Explosivos e Escolta privado

- Cinensino: rematadas as tres proxeccións destinadas ao alumnado de 1º e 2º da ESO


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova