Cargando....
Concello de Lugo
16/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O BOP publica a adxudicación provisional de sete novas obras incluídas no FEIL


# Martes, 05/05/2009
As obras suporán importantes melloras nos barrios de Lugo e ocuparán a 60 persoas

Imaxe Asociada

O BOP de hoxe, 5 de maio de 2009, publica a adxudicación provisional de sete novas actuacións que se levarán a cabo nos barrios do municipio de Lugo ao amparo do Fondo Estatal de Investimentos Locais.

As obras que se adxudican de xeito provisional son:

  • Pavimentación de beirarrúas na rúa Río Sil, no barrio de Paradai. A obra adxudícase á empresa "Construcciones Sanle Lugo", que conta cun orzamento de 139.451 euros e empregará a 5 persoas.
  • Pavimentación de beirarrúas na rúa Alexandre Bóveda, tamén en Paradai. A empresa adxudicataria é "Construcciones Sanle Lugo". A obra conta cun orzamento de 129.187 euros e ocupará a 6 persoas.
  • Renovación de pavimentos na rúa Pura Cora, na zona do Parque Rosalía de Castro. A empresa adxudicataria é "Asogal Construcciones", que empregará a 7 persoas e conta cun orzamento de 149.794 para executar esta obra.
  • Pavimentación e servizos en Camiño de Pipín, no barrio da Piringalla. "Construcciones Sanle Lugo" executará tamén esta obra, que conta cun orzamento de 121.791 euros, e dará traballo a 19 persoas.
  • Tamén na Piringalla, adxudícanse de xeito provisional as obras de pavimentación e servizos na rúa Lavandeira, no treito comprendido entre a Avenida da Coruña e a rúa Túnel de Oural. A empresa adxudicataria "Canalugo" empregará a 7 persoas nesta actuación, que dispón dun orzamento de 213.616 euros.
  • Urbanización da Avenida Duquesa de Lugo, no treito Ronda Norte-rúa Monte Faro, no barrio de Albeiros. Esta obra, adxudicada á empresa "Canalugo" conta cun orzamento de 229.538 euros, e ocupará a 7 persoas.
  • Pavimentación e servizos na rúa Mallorca, na Milagrosa. A empresa adxudicataria é "Construcciones Sanle Lugo", que empregará a 9 persoas nesta obra, e dispón dun orzamento de 168.138 euros.

Estas sete adxudicacións provisionais que hoxe publica o Boletín Oficial da Provincia suporán importantes actuacións nos barrios de Lugo, e permitirán que 60 persoas estean traballando en obra pública do Concello nos vindeiros meses.

Coa adxudicación destas obras, que deben estar rematadas antes de finais deste ano, máis do 95% dos proxectos que o Concello de Lugo incluíu no Fondo Estatal de Investimentos Locais están xa adxudicadas ou contan cunha proposta firme.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova