Imprimir

UN TOTAL DE 450 ESTUDANTES DA CIDADE PARTICIPARON NAS REPRESENTACIÓNS DE MIMARTE


5/5/2009 O teatro de Mimo estivo organizada polo Servizo Municipal de Prevención das Drogodependencias do Concello de Lugo

O Centro Social Uxío Novoneyra acolleu tres sesións de teatro de mimo organizadas polo Servizo Municipal de Prevención das Drogodependencias dependente da Concellería de Muller e Benestar Social, que dirixe Carmen Basadre.

Baixo o título de Mimarte a actividade pretendía concienciar á xuventude lucense dos efectos negativos do consumo de drogas, e especialmente previr o consumo precoz e excesivo do alcohol por parte dos adolescentes.

Peter Roberts conseguiu coa súa actuación que 450 alumnos e alumnas de terceiro e cuarto da E.S.O participasen activamente favorecendo así a súa reflexión crítica sobre o consumo excesivo do alcohol a través das representacións de situacións cotiás utilizando o mimo.

Este novidoso espectáculo ofreceu á mocidade lucense a información necesaria sobre os riscos do consumo inadecuado do alcohol dun modo divertido e orixinal, creando un espazo para a prevención diferente, novo, próximo e directo.