Imprimir

O BOP PUBLICA A ADXUDICACIÓN PROVISIONAL DE SETE NOVAS OBRAS INCLUÍDAS NO FEIL


6/5/2009 A construción da gardería e da Casa da Xuventude en San Fiz, a reurbanización do contorno da sala de exposicións Porta Miña, son algunhas das obras

O BOP de hoxe, 6 de maio de 2009, publica a adxudicación provisional de sete novas actuacións que se levarán a cabo no municipio de Lugo ao amparo do Fondo Estatal de Investimentos Locais.

As obras que se adxudican de xeito provisional son:

  • Contratación das obras de construción dun edificio para gardería municipal no barrio de San Fiz. Esta obra foi adxudicada á empresa “Odegal” por un importe de 730.800 euros.
  • Contratación das obras de construción dun edificio destinado a Casa da Xuventude, no barrio de Sanfiz. A empresa “Obras y Construcciones Dios” acometerá esta actuación, por un importe de 974.400 euros.

A construción da gardería e da Casa da Xuventude suporán un importante pulo para unha zona urbana de novo desenvolvemento, como é o barrio de Montirón-San Fiz, ademais de dotar ao conxunto da cidadanía lucense de novas dotacións.

  • Reurbanización do contorno da sala de exposicións Porta Miñá. A empresa adxudicataria é “Construcciones Sanle Lugo”. A obra conta cun orzamento de 212.293 euros e ocupará a 5 persoas.
  • Pavimentación e servizos nas rúas Irmáns Vilar Ponte e Doutor Fleming. A obra, que conta cun orzamento de 212.543 euros, foi adxudicada á empresa “Asogal Construcciones”, e ocupará a 7 persoas.
  • Pavimentación e servizos na rúa Fontaneira, no barrio do Sagrado Corazón. A empresa “T.A. Isidro Hermanos Blanco Trigo” executará este obra, que dispón dun orzamento de 113.854 euros, e dará traballo a 8 persoas.
  • Saneamento na rúa Carvalho Calero, en Augas Férreas. A empresa adxudicataria “Canalugo” empregará a 7 persoas nesta obra que conta cun orzamento de 159.723 euros.
  • Abastecemento e saneamento no barrio de Galegos. A obra foi adxudicada á empresa “Aberman Empresa Constructora”, que empregará a 11 persoas, e conta cun orzamento de 202.924 euros.

Estas seis actuacións, que veñen de ser adxudicadas de xeito provisional, estarán rematadas antes do remate deste ano. Ata entón, a súa execución permitirá a máis de medio cento de persoas estar traballando en obra pública do Concello.

Coa adxudicación destas obras, máis do 95% dos proxectos que o Concello de Lugo incluíu no Fondo Estatal de Investimentos Locais están xa adxudicadas ou contan cunha proposta firme.