Imprimir

O CONCELLO DE LUGO E O INLUDES PREPARAN UN PROGRAMA DE OBRADOIROS SOBRE O ARDE LUCUS PARA OS COLEXIOS DA CIDADE


6/5/2009 O obxectivo é implicar máis á comunidade escolar na celebración desta festa

A Concelleira de Xuventude, Rosana Rielo, e técnicos do Centro de Artesanía, mativeron hoxe unha xuntanza na Casa da Música con representantes das Asociacións de Nais e Pais de Alumnos dos 14 colexios públicos e do 8 colexios concertados para animarlles a participar dun modo máis activo na próxima edición da festa do Arde Lucus

Nesta xuntanza os asistentes puideron coñecer como a Concellería de Xuventude, contando coa colaboración da Vicepresidencia Segunda da Deputación Provincial, que dirixe Lara Méndez, a través do INLUDES, está a elaborar un programa para fomentar a participación e contar coa implicación das ANPAS dos colexios da cidade.

A intención é, en coordinación con estas asociacións, desenvolver unha serie de obradoiros que permitan unha participación máis activa da comunidade escolar nesta festa, moi vinculada o tempo de lecer para toda a familia.

Os obradoiros contemplados dentro deste proxecto serían os seguintes:

  • Obradoiro de vestiario - elaboración de traxes ambientados na época romana co maior rigor histórico posible, implicando no mesmo os pais e nais, os/as rapaces e rapazas e o profesorado.
  • Obradoiro de complementos - seguindo as pautas do obradoiro de vestiario elaboraranse todos os complementos necesarios para acadar unha imaxe acorde á época. Traballaranse materiais como o coiro, metais para a fabricación de ourivaría, frores ...
  • Obradoiro do Lugo romano - como complemento os dous anteriores, este obradoiro de carácter máis formativo, afondará, en horario lectivo, na cultura romana dando un repaso a historia da cidade.

Ademais, de aproveitando estes obradoiros e a través do Arde Lucus, preténdese achegar aos nenos e nenas, mozos e mozas á historia e tradición cultural de Lugo. Que se familiaricen coa estrutura social, as costumes, vestimentas, xogos, ... da época romana.