Cargando....
Concello de Lugo
24/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O San Froilán 2008 supuxo uns ingresos para o Concello de Lugo de máis de 610.000 euros


# Xoves, 07/05/2009
O equipo de Goberno esforzarase por manter a calidade das festas na vindeira edición

Imaxe Asociada Reunións

A Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, presidiu esta mañá a xuntanza da Comisión de Festas na que se presentaron as contas do San Froilán 2008.

A Concelleira explicou que os gastos totais das festas patronais do ano pasado supuxeron un total de 1.154.125 euros, e uns ingresos de 613.631 euros divididos en:

  • 502.031 euros pola cesión do solo no recinto feiral ás casetas e caldeiros do polbo, das atraccións e dos postos de venda.
  • 18.600 dunha subvención aberta a todas as festas de interese turístico galego da Xunta de Galicia
  • Subvención da Fundación Caixa Galicia: 67.000 euros
  • Subvención de Moviestar: 20.000 euros
  • Subvención de Caixanova 6.000 euros

A Concelleira indicou que o orzamento para o ano 2009 descenderá un pouco, pero non irá en detrimento das actuacións nin dos eventos que se desenvolven dentro do programa de San Froilán. Brugo indicou que “trataremos de rebaixar o mínimo os orzamentos xa que non son soamente un evento lúdico e cultural senón unha oportunidade de negocio para moitos empresarios da cidade, sempre dixemos que para nos non son un gasto senón unha inversión”.

Por outra banda a Concelleira explicou que presentou ao membros da Comisión de Festas as bases técnicas e os pliegos administrativos para a instalación das atraccións no recinto feiral, xa que este ano remata o seu contrato para as cesións de terreo. Nestas bases establécense as datas para a montaxe das atraccións que poderán comezar o 21 de setembro para empezar a funcionar o sábado 26 do mesmo mes. As barracas poderán estar en funcionamento ata o 12 de outubro, incluído.

Ademais, a Concelleira anunciou, como adianto ao programa das festas do ano 2009, que se está a negociar a actuación do grupo Fuxan os Ventos.

Museos de portas abertas

Noutra orde de cousas, a Concelleira anunciou que a fin de semana do 16 e 17 de maio, a entrada aos museos municipais será gratuíta con motivo da celebración do Día dos Museos e do día das Letras Galegas.

Estas xornadas de portas abertas celebraranse: no  Centro de Interpretación da Muralla, a Casa dos Mosaicos, o Centro Arqueolóxico de San Roque e a Sala de Exposicións Porta Miñá. Ademais haberá visitas guiadas en cada un dos centros ás 12:00 e ás 18:00 horas.


Xoves


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova