A Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, presidiu esta mañá a xuntanza da Comisión de Festas na que se presentaron as contas do San Froilán 2008.
A Concelleira explicou que os gastos totais das festas patronais do ano pasado supuxeron un total de 1.154.125 euros, e uns ingresos de 613.631 euros divididos en:
A Concelleira indicou que o orzamento para o ano 2009 descenderá un pouco, pero non irá en detrimento das actuacións nin dos eventos que se desenvolven dentro do programa de San Froilán. Brugo indicou que “trataremos de rebaixar o mínimo os orzamentos xa que non son soamente un evento lúdico e cultural senón unha oportunidade de negocio para moitos empresarios da cidade, sempre dixemos que para nos non son un gasto senón unha inversión”.
Por outra banda a Concelleira explicou que presentou ao membros da Comisión de Festas as bases técnicas e os pliegos administrativos para a instalación das atraccións no recinto feiral, xa que este ano remata o seu contrato para as cesións de terreo. Nestas bases establécense as datas para a montaxe das atraccións que poderán comezar o 21 de setembro para empezar a funcionar o sábado 26 do mesmo mes. As barracas poderán estar en funcionamento ata o 12 de outubro, incluído.
Ademais, a Concelleira anunciou, como adianto ao programa das festas do ano 2009, que se está a negociar a actuación do grupo Fuxan os Ventos.
Museos de portas abertas
Noutra orde de cousas, a Concelleira anunciou que a fin de semana do 16 e 17 de maio, a entrada aos museos municipais será gratuíta con motivo da celebración do Día dos Museos e do día das Letras Galegas.
Estas xornadas de portas abertas celebraranse: no Centro de Interpretación da Muralla, a Casa dos Mosaicos, o Centro Arqueolóxico de San Roque e a Sala de Exposicións Porta Miñá. Ademais haberá visitas guiadas en cada un dos centros ás 12:00 e ás 18:00 horas.