Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo inviste máis de 240.000 euros en mellorar a seguridade vial da cidade


# Xoves, 07/05/2009
Instalación de bolardos, de sinais e semáforos, pintado de pasos de peóns ou a instalación de coxíns europeos, son algunhas das actuacións realizadas

Imaxe Asociada

O Concelleiro de Protección da Comunidade, José Rábade, presentou esta mañá o plan de Sinalización e Seguridade Vial para os anos 2008/2009 que se está a desenvolver dende a súa Concellería.

Explicou que co fin de mellorar a seguridade vial da cidadanía realizouse unha substitución da pintura dos pasos de peóns por termocaucho en 16 do centro amurallado e doutro fóra do recinto histórico. Ademais, continuando coas fases previas, e dentro do plan de seguridade vial dirixida aos peóns, colocáronse un total de 94 sinais verticais para advertir sobre a presenza dun paso de peóns.

Nestas medidas de seguridade tamén se levou a cabo a instalación de 22 bandas redutoras de velocidade como a instalada na rúa Illas Canarias e diante do Colexio de Albeiros, a petición da Asociación de Veciños e da comunidade escolar. Co mesmo obxectivo estanse a colocar os coxíns europeos naqueles viais onde se detectaron os maiores excesos por parte dos condutores como a avenida de Breogán, Alfredo Brañas, Manuel María, Marqués de Ombreiro, ronda de Fingoi, o nas que existen centros escolares como Anxo López Pérez, avenida de Ramón Ferreiro e a rúa Santiago. Serán un total de 36 coxíns europeos de caucho os que se intalarán en varios puntos da cidade.

Por outra banda, realizouse a substitución de todas as sinais verticais de aceiro no centro da cidade por 68 sinais novas, así como a instalación das sinais de videovixiancia do tráfico en diferentes puntos da cidade co fin de advertir ao cidadán da súa presenza na Praza Fonte dos Ranchos, Benigno Rivera con Infanta Elena, República Arxentina á altura da rúa Santiago e avenida de Magoi, avenida de Carlos Azcárraga, avenida de A Coruña á altura de Camiño de Pipín, praza do rei e rúa Montefaro. Ademais instaláronse sobre a videovixiancia da Muralla na Porta de San Pedro, na rúa Vilalba, Porta de Santiago, Bispo Odoario, Ronda da Muralla coa Avenida da Coruña e á altura da rúa Castelao.

A Agrupación de Tráfico e Seguridade Vial está tamén a tomar medidas ante a presenza dos vehículos sobre as beirarrúas que impiden en moitas ocasións o paso dos peóns, polo que se instalaron un total de 242 bolardos de polietileno, “atendendo á demanda de moitos veciños”, segundo anunciou o Concelleiro. As rúas nas que se instalaron son, entre outras, Pintor Luis Seoane, Pintor Villamil, Tino Grandío, Xulia Minguillón, Marques de Ombreiro, Santo Graal, Praza de Bispo Odoario, avenida da Coruña, Marina Española, etc. Asemade atendéronse as peticións dos veciños que tiñan problemas de acceso nos seus vados, instalándose un total de 57 bolardos máis.

Esta unidade tamén estivo a instalar separadores de carril de caucho na rúa Vilalba coa intersección con Irmáns Pedrosa e na Avenida da Coruña á altura de Ángelo Colocci. Co fin de canalizar o tráfico e ganar en seguridade.

Mobiliario urbano

Por outra banda, instaláronse un total de seis marquesinas novas nas paradas de buses sitas na rúa Fisterra, Serra de Meira nº 12, Santo Graal con Ángelo Colocci, Avenida de Magoi á altura do nº 3, Camiño de Romay nº 12, e na Estrada Vella de Santiago substituíse a que se atopa á altura do ximnasio Aqualife.

En canto a rede semafórica, realizouse a substitución de 2.635 bombillas de incandescencia por leds, quedando renovada toda a infraestrutura. Ademais se instalaron novos semáforos nos cruces de peóns situados na intersección entre a rúa Azalea e a praza Fonte dos Ranchos, na praza Comandante Manso con San Roque, Bispo Odoario coa Ronda da Muralla, e Aviación Española coa Ronda de Fingoi.

O Concelleiro explicou que como xa se anunciara fai tempo, na rúa Amor Meilán colocouse un sistema moi vangardista de control de accesos mediante cámaras para a lectura de matrículas que está pendente de ser conectado ao sistema integral que controlará tamén os radares e o fotovermello da Ronda da Muralla.

Ademais, establecéronse como zonas peonís os seguintes viais:

  • Aviador Parga Cerezo
  • Soto Freire
  • Nemesio Cobreros
  • Rúa da Xesta
  • Rúa Menorca

Rábade tamén indicou que se incrementaron en 14 o número de prazas de aparcamento para persoas con discapacidade, chegando na actualidade a contar con 135 prazas na cidade; e 13 novas zonas de carga e descarga en diferentes puntos da cidade.

Todas estas actuacións contan cun orzamento total de 242.651 euros que redundan nunha melloría do tráfico e da seguridade de todos e todas as lucenses.


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova