Cargando....
Concello de Lugo
05/12/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo asina un acordo para a inserción laboral de persoas con discapacidade en seis empresas da cidade


# Xoves, 07/05/2009
Vintesete participantes da segunda fase do programa experimental de emprego Lugo Contigo realizarán prácticas laborais en diferentes sectores

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia, e representantes de seis empresas da cidade asinaron un acordo para a realización de prácticas con compromiso de contratación ao abeiro da segunda fase do programa de emprego Lugo Contigo dirixido a persoas que contan con máis dificultades de acceso ao emprego, en especial persoas con algunha discapacidade, co obxectivo de reducir o seu índice de desemprego. Neste acto tamén estivo presente a Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre. Ámbalas dúas concelleiras agradeceron o traballo que realizan as asociacións con persoas con discapacidade e que colaboran neste proxecto, como ASPNAIS, Asociación de xordos, COGAMI, FADEMGA, AUXILIA, Síndrome de Down, FEAFES… ademáis de agradecer a colaboración das empresas que ofertan as prácticas.

Na primeira fase do programa que se desenvolveu ata o pasado 31 de marzo realizaron prácticas desempregados con cursos de formación especializada en xardinaría e traballos forestais, con cursos de formación especializada en xestión de residuos sólidos urbanos e industriais ou limpeza, con cursos de formación especializada en auxiliar de axuda a domicilio, facendo un total de 27 persoas. Destes participantes na primeira fase, 9 conseguiron traballo nas empresas que realizaron as súas prácticas, pero ademais, outros dous atoparon traballo noutras empresas da cidade.

Nesta segunda fase participarán 27 persoas que traballarán realizando prácticas en diferentes empresas da cidade de distintos sectores. As empresas que participan neste programa de emprego e que se comprometeron a contratar a un terzo dos participantes como mínimo son as seguintes:

  • Arenal
  • Carrefour Express
  • Limpiezas Alameda
  • Cruz Vermella
  • Portosar Galicia
  • Calfensa

Con este acordo o Concello de Lugo amosa unha vez máis o seu forte compromiso e interese por acadar a inserción laboral dos cidadáns, especialmente daqueles que teñen maiores dificultades no acceso ao mercado laboral. Neste programa participan persoas cunha minusvalía reconocida de, ao menos, un 33% e que figuren inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego.

A Concelleira de Economía e Emprego, indicou que dado o éxito que está a ter este programa solicitamos novamente á Consellería de Traballo da Xunta de Galicia unha subvención para poder desenvolver de novo este programa, e afirmou que "agardo que teñamos a mesma colaboración por parte da Xunta como a tivemos ata o de agora e poder continuar a potenciar estes proxectos".

As Concelleiras aproveitaron a ocasión para lembrar que o equipo de Goberno apoiará o plan de inserción laboral das persoas con discapacidade psíquica, pero englobando a todas as persoas con discapacidade e non soamente ás síndrome de down tal e como propuxo o PP no pasado Pleno.


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova