Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo continúa coas súas reunións para que o Foro Lugo 2010 forme parte dos actos da presidencia española da UE


# Xoves, 07/05/2009
Reuniuse co Embaixador de España ante a OEA para presentarlle o proxecto

Imaxe Asociada Imaxe Asociada

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, continúa cos seus encontros institucionais para presentar en Washington o que será o Foro Lugo 2010 de prevención de drogodependencias, que terá lugar na cidade en maio do próximo ano e que atraerá por centos de autoridades chegadas de todo o mundo.

Aproveitando a súa visita a Washington invitado pola Organización de Estados Americanos para explicar a política de prevención que se realiza desde Lugo e que é exemplar en todo o mundo, López Orozco está desenvolvendo entrevistas de traballo coas autoridades responsables da OEA.

Mantivo un encontro co Embaixador de España ante a OEA, Javier Sancho, ao que lle explicou a importancia do Foro Internacional contra as drogas que se celebrará en Lugo o ano que vén. López Orozco pediulle que intermediase para conseguir darlle toda a proxección que se merece un encontro destas características, no que haberá representantes políticos de todo o mundo traballando en Lugo cun obxectivo común: a loita contra as drogas ilícitas.

Sancho mostrouse moi interesado polo proxecto e adiantoulle que traballará na dirección que lle pediu o mandatario lucense. Desde Washington e desde o Concello de Lugo estanse facendo xestións para que este proxecto teña unha gran relevancia no contexto internacional. De feito, o Secretario Xeral da OEA, José María Insulza, xa remitiu unha carta ao Presidente do Goberno, José Luís Rodríguez Zapatero, e ao Presidente da Comisión Europea, Durao Barroso, para que aposten por este congreso lucense.

O Alcalde de Lugo tamén mantivo hoxe un encontro de traballo cos responsables da CICAD, o Embaixador James Mack, Secretario Executivo da Comisión Interamericana para o Control do Abuso de Drogas, Rafael Franzini, Secretario Executivo Adjunto, a Doutora Anna Chisman, Xefa de Redución da Demanda e Antonio Lomba, Xerente de EU-LAC, para perfilar algúns aspectos da organización do Foro do ano que vén.

Ao longo de día o responsable lucense participou ademais en cada unha das sesións da CICAD 45.

Ás 9.00 comezou a xornada coa Consideración e aprobación dos borradores de informes nacionais sobre a Implementación das recomendaciones da Cuarta Rolda de avaliación do MEM, Mecanismo de Avaliación Multilateral (2009)

Ás 11.15 a Presidenta do GTI, Mariana Souto, presentou o Informe da Décima Reunión do Grupo de Traballo Intergubernamental (GTI) do Mecanismo de Avaliación Multilateral (MEM). Ás 11.45 leváronse a consideración e aprobación as propostas do GTI.

Pola tarde, comezaron os debates sobre control de Efedrina e Seudo Efedrina fundamentalmente nos produtos farmacéuticos. Ao finalizar o día o Alcalde de Lugo, José López Orozco foi recibido oficialmente polo Embaixador Representante Permanente de España ante a OEA, Javier Sancho, e a Secretaria Executiva da CICAD.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova