Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Festival de Música Cidade de Lugo celebra o primeiro concerto do ciclo Corpus dos Nenos


# Venres, 08/05/2009
Será o sábado 9 de maio a partir das 18:00 horas no Círculo das Artes a cargo da Acuña's Jazz Band

Imaxe Asociada Imaxe Asociada

A terceira semana de actividades do Festival de Música Cidade de Lugo XXXVII Semana do Corpus remata co primeiro dos tres concertos do ciclo coñecido como O Corpus dos Nenos, unha novidade da pasada edición 2008 do festival, no que tomou forma propia como un apartado propio e que este ano consta de tres concertos que se celebrarán a partir deste sábado 3 de maio en tres sábados consecutivos.

Neste primeiro concerto, titulado Música para nenos (case recén nacidos), a Acuña¹s Jazz Band que dirixe José Acuña Fernández fará un repaso musical a cancións infantís, comezando pola Canción de berce de Brahms e seguindo por outras cancións que acompañaron os nosos primeiros pasos e os doutros nenos en Europa e América, como a canción francesa Alouette, a inglesa Canción do alfabeto, a norteamericana Camptown Races, etc. Estes temas serán interpretadas no concerto cun aire musical máis áxil e moderno (sambas, bosanovas, valses e jazz) a cargo da Acuña¹s Jazz Band, que está formada por voz, piano, baixo, guitarra, batería, saxofón, frauta, etc.

Este programa, deseñado para nenos de entre 3 e 9 anos e as súas familias, foi concibido e será presentado por un experimentado especialista en pedagoxía e psicoloxía infantil, José Antonio Abad Varela.

O concerto comeza ás 18:00 horas e a entrada é gratuíta (ata completar o aforo do local) como é habitual no festival.

Outros dous concertos didácticos pensados para que os nenos os compartan coas súas familias celebraranse os seguintes sábados. Ámbolos dous protagonizados polo grupo compostelán Resonet, que presentará no Círculo das Artes o sábado 16 de maio o programa Amor non durmas máis! (músicas antigas para as fábulas, contos e romances de sempre) dedicado a nenos a partir de 3 anos. E, o 23 de maio, no Centro Cultural Uxío Novoneyra, o festival propón un concerto para bebés (de 0 a 3 anos) tamén protagonizado por Resonet e titulado Canto de berce.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova