A Xunta de Compras do Concello de Lugo aprobou hoxe o investimento de 6.690 euros para a adquisición dun tractor cortacéspede que pasará ao servizo da Brigada de xardíns, para tarefas de mellora e o acondicionamento das zonas verdes do municipio. O concello de Lugo conta con 155 xardíns e espazos verdes, que acadan os 542.573 metros cadrados de superficie.
Tamén en materia de Medio Ambiente, a Xunta de Compras aprobou investir 11.998 euros no acondicionamento dos aseos da antiga Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP) co obxectivo de mellorar o seu estado.
Ademais, no ámbito de Protección da Comunidade, aprobouse a adquisición de vestiario de traballo para o equipo de Protección Civil do Concello de Lugo, por un importe de 8.350 euros.