Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Sonia Méndez recibe no Concello de Lugo aos membros da xunta directiva da Federación de Asociacións de Periodistas Españois


# Sábado, 09/05/2009
Nesta visita participaron a Presidenta, o Secretario Xeral e o Vocal da FAPE

Imaxe Asociada

A Alcaldesa accidental, Sonia Méndez, e outros membros da Corporación Municipal recibiron hoxe na Casa do Concello a unha delegación da Federación de Asociacións de Periodistas Españois. Nesta visita oficial que tivo lugar ás 13.30 horas no Despacho de Alcaldía participaron a Presidenta da Federación, Magis Iglesias, o Secretario Xeral da FAPE, Javier Arenas, e o Vocal, Luís Menéndez.

A recepción tivo lugar dentro dunha viaxe realizada polos membros da xunta directiva da FAPE a Galicia con motivo da celebración do Día Internacional da Liberdade de Prensa celebrado o pasado 3 de maio.

A FAPE está a realizar un chamamento para que a sociedade recoñeza o labor dos traballos periodísticos xa que é unha condición indispensable para asegurar a pluralidade e o exercicio inescusable dunha democracia representativa.

Méndez resaltou a inestimable labor que está a realizar a federación en pro dunha democracia de calidade sometida ao control e a crítica por parte dos periodistas e, polo tanto, da cidadanía.

Pola súa banda a Presidenta da FAPE explicou o traballo que están a facer dende a organización periodística en pro de facer ver que "os periodistas somos un ben social e un ben de todos, un enlace entre a política e a cidadanía", e engadiu que "hai que fomentar o respecto ao dereito á información e ao traballo que realizan os periodistas promovendo a súa dignidade como profesionais"

Como recordo da súa visita ao Concello de Lugo, os membros da Xunta Directiva da FAPE recibiron de mans da Alcaldesa accidental o libro Poetas de Lugo.

A Federación de Asociaciones de Periodistas de España é na actualidade a entidade máis representativa do periodismo español. Agrupa a 45 Asociacións da Prensa con 12.500 membros e tres asociacións sectoriais de periodistas, que suman outros 3.000 asociados.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova