Cargando....
Concello de Lugo
01/04/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo presenta o programa de celebración do Día de Internet


# Luns, 11/05/2009
As actividades desenvolveranse o vindeiro xoves na Praza de Abastos

Imaxe Asociada

A Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, presentou o programa de actividades organizadas pola súa Concellería para celebrar o Día de Internet que terá lugar o vindeiro xoves 14 de maio na planta baixa da Praza de Abastos.

A Concelleira animou a todos e todas as lucenses a participar nesta cita entre as 10:00 e as 20:00 horas nos diferentes talleres e actividades:

Obradoiros:

  • Facebook. Os usuarios crearán unha conta e aprenderán o uso desta ferramenta (subir fotos, realizar comentarios, xogos, test, etc.)
  • You Tube. Os participantes gravarán un vídeo e aprenderán a subilo á Rede.
  • Skype. Creación dunha conta para poder utilizar o servizo de mensaxería.
  • Google. Creación dunha conta de correo electrónico en Gmail e ver todas as posibilidades que ofrece este buscador.

Actividades paralelas:

  • Exposición: A Historia de Internet que consta de 16 paneis con imaxes e textos explicativos desde os anos 50 ata a actualidade que narran da historia de internet a nivel mundial.
  • Espacio de ocio: dúas zonas para practicar coa Wii

Todos e todas as participantes entrarán no sorteo dun ordenador.

Con estas actividades o Concello pretende, ademais de celebrar o Día de Internet promover o bo uso das novas tecnoloxías, nas tecnoloxías da información e comunicación entre a poboación lucense, formando e informando sobre as vantaxes que ofrece a súa utilización.

O Goberno Local está a cumprir o seu compromiso de fomentar o uso adecuado da tecnoloxía e prover contidos e información de confianza aos usuarios, como a nova campaña de Eu Conecto “perfecto para atopar consellos, guías e resolver dúbidas referentes á Administración electrónica e ao uso de Internet.” Con este programa preténdese “buscar a parte práctica, segura e divertida das TIC, e ofrecela a toda a cidadanía, sexa cal sexa a súa idade”. A Concelleira explicou que a parte lúdica se integra coa formativa, de modo que a sesión se transforma en atractiva para todo público atendendo ás necesidades e demandas específicas de cada un.

O programa supón a resposta á nova situación dunha sociedade dixital moderna como é actualmente Lugo. Zarzuela afirmou que “con esta iniciativa pretendemos fomentar o uso de Internet e dar a coñecer as vantaxes de ter o Concello na casa a través da rede”.

A Concelleira explicou que esta actividade está orientada a toda a cidadanía para que podan adaptarse e educarse para sacar un maior rendemento das novas tecnoloxías.

Atendendo ás necesidades da cidadanía lucense, o Concello fixou os seguintes obxectivos xerais:

  • Educar sobre as posibilidades das TIC, ensinando o bo uso e carpintexar retos e contidos que lles sexan útiles na súa vida diaria.
  • Promover prácticas seguras das TIC.
  • Ofrecer un espazo ao que dirixirse cando se atopen cun problema ou situación anómala no uso uso das TIC.
  • Iniciar no uso da Administración electrónica, como aposta de futuro.

Eu Conecto enmárcase dentro do Plan de Dinamización e Sensibilización á Cidadanía lucense que o Concello de Lugo leva realizando dende o ano 2005, e dentro do proxecto 24 x 7 promovido polo Concello de Lugo en colaboración co Ministerio de Administracións Públicas (MAP). O obxectivo é adaptar á sociedade lucense á nova sociedade dixital que se da en todo o Mundo.

Entre as actividades formativas do programa está O CONCELLO NA TUA CASA co que se pretende dar a coñecer aos cidadáns os trámites que se poden realizar desde casa a través de Internet sen esperas e sen horarios,”o Concello na casa ás 24 horas do día os 7 días da semana”:

  • solicitar unha subvención
  • solicitar unha axuda
  • solicitar unha licencia
  • correo do cidadán: suxire ou reclama
  • pago dun recibo
  • solicitar o teu certificado de padrón

Eu Conecto desenvolverase en diferentes lugares do 15 de maio ata o 30 de xuño:

  • Do 18 ao 20 de maio: praza de abastos
  • Do 25 ao 29 de maio: Local social de Asociacións de veciños “Gatos Roxos” das Gándaras
  • Do 1 ao 5 de xuño: Local Social de Montirón
  • Do 8 ao 12 de xuño: Centro Sociocultural de Fingoi
  • Do 15 ao 19 de xuño: Centro Sociocultural A Milagrosa
  • Do 22 ao 26 de xuño: Centro Social Díaz Castro
  • Do 29 ao 30 de xuño: Local Social de Coeses

Promoción da utilización das novas tecnoloxías

Por outra banda, a Concelleira fixo balance das campañas de promoción do uso das novas tecnoloxías desenvolvidas polo Concello de Lugo nos últimos anos:

  • Campaña de alfabetización dixital e do manexo de Internet Conéctate 1.0. Nesta campaña participaron 500 usuarios nos barrios do centro e do contorno de Lugo: o 59% deles eran mulleres e o 41% homes.
  • Na campaña conéctate 2.0. formáronse un total de 208 usuarios no uso do ordenador e de Internet, sendo o 62% mulleres e o 38% homes nos Centros Sociais da cidade.
  • Lugo Xa Conecta: campaña desenvolvida en colaboración cos Concellos de Castroverde, Cervantes e Guitiriz na que se formou en administración electrónica a máis de 1.500 persoas.
  • Nas actividades lúdicas organizadas polo Concello de Lugo con motivo do Día de Internet do ano pasado, pasaron máis de 2.000 persoas pola carpa situada na Praza de Anxo Fernández Gómez. O 57% mulleres e o 43% homes, sendo o 55% adultos e o 45% nenos e nenas.

Máis información Web Eu Conecto!


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova