Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O BOP publica a adxudicación de dúas novas obras incluídas no FEIL


# Martes, 12/05/2009

* Trátase da construción dun ximnasio en Frigsa e da mellora do camiño dende a Raña a Guntín

* O Boletín Oficial anuncia tamén a adxudicación do contrato para a instalación de xogos infantís no xardín Praza das Illas, en Montirón



Imaxe Asociada

O BOP de hoxe, 12 de maio de 2009, publica a adxudicación de dúas novas actuacións que se levarán a cabo no municipio de Lugo ao amparo do Fondo Estatal de Investimentos Locais.

O Boletín anuncia a adxudicación provisional do contrato para a construción dun ximnasio no recinto deportivo de Frigsa. A obra adxudícase á empresa "Jesús Penas S.L" por un importe de 329.809 euros.

Esta actuación forma parte dos proxectos que o Concello de Lugo levará a cabo no principal recinto deportivo da cidade coa axuda do Fondo Estatal de Investimentos Locais, e que demostran o seu apoio e compromiso non só co deporte profesional, senón tamén co deporte de base.

Así, nos vindeiros meses melloraranse as pistas de tenis de Frigsa, dotarase á piscina cuberta climatizada dun novo vaso, e construirase un ximnasio. Este novo local deportivo terá 380 metros cadrados, e servirá como ximnasio e centro de adestramento e quentamento para todos os equipos deportivos que empregan as instalacións deportivas ubicadas no barrio da Milagrosa.

Hoxe tamén se publica no BOP a adxudicación definitiva das obras de mellora da capa de rodadura do camiño dende A Raña, estrada LU-612, ao límite con Guntín, que forma parte das 42 obras do FEIL destinadas a mellorar os viarios que comunican as parroquias lucenses. A empresa "Asogal Construcciones" é a adxudicataria desta actuación, que conta cun importe de 125.390 euros e empregará a 10 persoas.

Estas obras, ao igual que todas as incluídas na memoria de proxectos do FEIL, estarán rematadas antes de finais de ano.

Xogos infantís en Montirón

Á marxe das obras do FEIL, o Boletín Oficial da Provincia recolle tamén a adxudicación provisional do contrato para instalar xogos infantís e pavimento continuo de seguridade no xardín de Praza das Illas, en Montirón. O orzamento máximo do contrato, adxudicado á empresa "HPC Ibérica", é de 43.103 euros.

O espazo reservado á zona de xogos infantís ten 285 metros cadrados, situados entre as rúas Illa Formentera, Illa San Simón e Illa de Eivisa.

Coa colocación dos xogos infantís, remata o proxecto de reformado do xardín Praza das Illas, que permitiu dotar ao barrio de Montirón dunha zona verde para o lecer e o esparcemento e, ademais, totalmente accesible, xa que o Concello de Lugo instalou unha rampa que facilita o acceso ao recinto das persoas con algunha discapacidade ou con problemas de mobilidade, así como dos carriños dos bebés.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova