Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Concellería de Educación saca as matemáticas ás rúas de Lugo


# Martes, 12/05/2009
Máis de 400 alumnos participarán mañá, mércores 13 de maio, nesta proba polo centro histórico da cidade

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

A Concellería de Educación, que dirixe Dolores Vieiro, organiza unha actividade coa que se pretende ensinar matemáticas dunha forma dinámica, divertida e interactiva, demostrando que é posible achegarse a materia sen medo.

Matemáticas na rúa é unha actividade coa que se busca outro xeito de achegar as matemáticas á xente, non só á mocidade lucense senón tamén as persoas maiores. Os grupos de participantes, enchendo de cor e de ledicia as rúas da cidade, resolvendo problemas de corte matemático no medio da xente, fai que aflore o interese por parte de todos en descubrir as solucións aos problemas propostos.

Con esta actividade preténdese facilitar aos estudantes unha serie de ferramentas matemáticas, especialmente de manipulación, novas e recreativas, que axudarán a acadar bos resultados na asignatura.

O Concello pretende difundir as matemáticas mediante a mostra de materiais didácticos, xogos matemáticos e procedementos que axuden a espertar e avivar o interese do alumnado no gusto pola ciencia e lles sirva aos profesores como recurso na aula. Con actividades deste corte conséguese que nos centros educativos se vaian impoñendo pouco a pouco actividades parecidas co que isto representa para a difusión da materia.

Contidos da actividade:

  • Números: Cálculo mental, calculadoras.
  • Xeometría 2D: puzzles e tangrams planos.
  • Xeometría 3D: Puzzles 3D, Estructura, Xeodésicas, Perfiles.
  • Lóxica: Problemas de lóxica.
  • Xeometría dinámica:Simetrías. Xogos con espellos
  • Mosaicos: Construción de mosaicos.

Esta actividade celebrarase polo centro da cidade mañá mércores 13 de maio nos xardíns, portas e prazas do recinto histórico a partir das 10:30 horas. Nela participarán 415 alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria, Primeiro e Segundo da ESO de 16 centros educativos de toda a provincia. Os equipos estarán formados por catro alumnos que deberán ir resolvendo as probas que se lles vaian propoñendo en cada unha das 28 mesas repartidas polo centro.

Cada equipo terá un plano do interior da muralla coas mesas marcadas, a modo de axuda pero non especificadas particularmente cada unha delas, pois para atopar a localización os concursantes terán que resolver unha encrucillada.

A entrega de premios terá lugar a partir das 18:00 horas no salón de actos do Instituto Politécnico.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova