Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo aproba a décima fase de rehabilitación do recinto histórico e a segunda do ARI do Sagrado Corazón


# Mércores, 13/05/2009
Un total de 130 actuacións poderanse beneficiar das axudas

Imaxe Asociada

O Concello de Lugo aprobou esta mañá en Xunta de Goberno o acordo para levar a cabo a décima Fase da Área de Rehabilitación do Recinto Histórico de Lugo e a segunda da Área de Rehabilitación Integral do Barrio do Sagrado Corazón.

Ámbalas dúas ambiciosas actuacións perseguen realizar unha notable mellora nestas dúas zonas como a que xa se viu realizando coas fases anteriores.

O Voceiro do Equipo de Goberno, José Rábade, indicou que no caso das rehabilitacións do recinto histórico, con esta décima fase, poderanse beneficiar 50 actuacións, que contarán con 300.000 euros do Ministerio de Vivenda, 250.000 da Xunta de Galicia e 283.333 dos particulares.

Ademais, contarase cunha inversión total a realizar de 300.000 euros para a urbanización, dos que 90.000 euros serán o Ministerio de Vivenda, 75.000 da Xunta de Galicia e 135.000 do Concello de Lugo.

Polo que o financiamento total da 10º fase das actuacións en materia de rehabilitación do centro histórico de Lugo ascende a 1.133.333 euros dos que 833.333 corresponden á rehabilitación de edificios e vivendas e 300.000 en infraestruturas.

En canto a segunda fase da rehabilitación do Sagrado Corazón, contémplase para 80 actuacións, na primeira contemplábanse 250 actuacións, das que se subvenciona o 80% da obra ata un máximo de 9.000 euros.

Nesta segunda fase contémplase, ademais, das rehabilitacións das vivendas, obras de urbanización e reurbanización co obxectivo de eliminar barreiras arquitectónicas por un valor de 360.000 euros, dos que o Ministerio aportará 72.000 euros, a Consellería 108.000 e o Concello 180.000 euros.

Para a rehabilitación de vivendas destinaranse un total de 900.000 euros, 360.000 do Ministerio, 360.000 da Comunidade galega, 180.000 serán de inversión privada. Polo que a inversión total ascende a 1.260.000 euros.

Xogos infantís

Por outra banda, Rábade anunciou que a Xunta de Goberno aprobou a adxudicación provisional do subministro e instalación de xogos infantís e pavimento continuo de seguridade en dúas áreas de xogos no parque da Milagrosa á mercantil Juegos Kompan, SA por un importe total de 81.398 euros e unhas melloras valoradas en 5.601 euros.


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova