Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Comezan as X Xornadas de Artes Escénicas de Lugo cunha sesión dedicada á figura de Antígona


# Xoves, 14/05/2009
26 grupos de toda Galicia participarán nas xornadas

A primeira sesión das décimas Xornadas de Artes Escénicas comeza hoxe xoves 14 de maio no Centro Social de Fingoi cunha serie de actuacións dedicadas á figura de Antígona.

Ás 10:30 horas comeza coa obra Antígona Vive a cargo do grupo lucenses Upiaska Teatro, continuando ás 12.30 coa representación de Antígona da man do instituto Menéndez Pidal de A Coruña. Xa pola tarde o grupo da Biblioteca Antas de Ulla presentará Viva o Teatro.

Ao longo dos 11 días das xornadas pasarán un total de 26 grupos de toda Galicia e 27 actuacións. Os grupos da cidade de Lugo participantes serán: o Colexio Rosalía de Castro, Colexio Anexa, UpiasKa Teatro, Trasnadas Teatro, Instituto Politécnico, Divina Pastora, Hospital de Día San Xosé, Down Lugo e Colexio Fingoi. Ademais, participarán Velaí-Tes Teatro do Centro Social Municipal Uxío Novoneyra e Comicaco do Centro Social Municipal de Fingoi e o Centro Social Municipal de A Milagrosa, o Conservatorio de Música e a Danza Escola de Arte e Lecer.

Ao longo destas X Xornadas, que rematarán o venres 12 de xuño, haberá espazo tamén para outras artes ademais do teatro como os concertos da Orquestra de bandas de Galicia ou o Grupo de Múxicas da Once,a actuación do grupo de danza da Escola Arte e Lecer e unha proxección dunha selección de curtos elaborados polos alumnos do colexio Fingoi e o instituto de Burela.

Máis información: Xornadas Artes Escénicas Fingoi 09




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova