Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O BOP publica a adxudicación provisional de seis novas obras incluídas no FEIL


# Xoves, 14/05/2009
As obras empregarán a 56 traballadores e suporán melloras nos viarios de acceso a oito parroquias da zona rural do concello de Lugo

O BOP de hoxe, 14 de maio de 2009, publica a adxudicación definitiva de seis novas actuacións que se levarán a cabo na zona rural do municipio de Lugo ao amparo do Fondo Estatal de Investimentos Locais.

As obras que se adxudican de xeito definitivo son:

  • Mellora do camiño dende o paso elevado da autovía a Benade, na parroquia de Santa María de Muxa. Esta obra adxudícase á empresa “Hermanos Pico Yáñez” e conta cun investimento de 173.550 euros. Dará traballo a 10 persoas.
  • Mellora do camiño da estrada 612 A Portomarín a estrada D.P. Lousada-Maceda, na parroquia de Santa Cristina de San Román. A empresa adxudicataria desta obra, que ten un importe de 111.990 euros e empregará a 10 persoas, é “Asogal Construcciones”.
  • Mellora do camiño dende o núcleo de Benade a Piñeiro de Gundín, ao seu paso polas parroquias de Muxa e Benade. Esta obra conta cun investimento de 139.401 euros e adxudícase á empresa “Hermanos Pico Yáñez”, que empregará a 10 traballadores.
  • Mellora do camiño dende a Nacional VI ao límite con Outeiro por Baqueixos e Brea, na parroquia de Tirimol. A obra ocupará a 6 persoas. Supón un investimento de 143.740 euros e adxudícase á empresa “Asogal Construcciones”.
  • Mellora do camiño entre Bóveda e San Pedro de Mera por Recimil e Crecente, na parroquia de Santa Eulalia de Bóveda de Mera. A empresa “Portosar Galicia” é a adxudicataria desta obra, que ten un importe de 124.309 euros e empregará a 10 persoas.
  • Mellora do camiño dende a estrada 612, en Soñar, a estrada Nacional 540 por Esperante. Esta obra, que supón un investimento de 128.922 euros, adxudícase tamén á empresa “Portosar Galicia” e ocupará a 10 traballadores.

Estas obras forman parte das 42 actuacións que o Concello de Lugo incluíu na memoria de proxectos do Fondo Estatal de Investimentos Locais co fin de mellorar os viais de acceso e comunicacións entre as diferentes parroquias, e que darán un importante pulo ao emprego no municipio, ao posibilitar que máis de 400 persoas estean traballando en obra pública municipal ao longo deste ano.

As seis actuacións que se veñen de adxudicar de xeito definitivo, e que hoxe publica o Boletín Oficial da Provincia, contemplan obras nos camiños que comunican núcleos de poboación de 8 parroquias da zona rural do concello lucense. Os proxectos empregarán a 56 persoas, que traballarán en obra pública municipal ata finais deste ano, data límite para o remate de todas as obras do FEIL.

Máis do 80% das obras do FEIL que se executarán nas parroquias lucenses están xa adxudicadas de xeito provisional ou definitivo.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova