Cargando....
Concello de Lugo
16/09/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concelleiro de Protección da Comunidade asegura estar "tranquilo e plenamente confiado na xustiza"


# Xoves, 14/05/2009

* José Rábade explicou que nunca pediu que se retirase ningunha multa e que pagou todas as sancións que lle chegaron

* Expresou o seu compromiso social como Concelleiro "traballo por e para a cidadanía"



Imaxe Asociada

O Concelleiro de Protección da Comunidade, José Rábade, acompañado polo Alcalde de Lugo, José López Orozco, compareceu ante os medios de comunicación para aclarar as novas saídas na prensa, relacionadas coa súa citación xudicial polo coñecido como caso das multas. Con esta intervención, Rábade quixo eliminar calquera posible especulación sobre a súa persoa, e deixar que os trámites sigan o seu curso normal.

O responsable de Protección da Comunidade subliñou que está “absolutamente tranquilo e confiado na xustiza. Nunca pedín que retirasen nin unha soa multa e paguei todas as sancións que recibín con dilixencia, como calquera cidadán máis. Polo tanto teño a conciencia moi tranquila porque non teño nada que ocultar”.

Rábade explicou ademais que, a pesar de que aínda non recibiu ningunha citación, espera que ese día lle aclaren que sucedeu para que apareza o seu nome no listado de persoas que deben declarar. “Esta citación supón unha garantía xurídica para min, xa que me permitirá aclarar as dúbidas que xurdan, e confirmar que non teño nada que ocultar nin que ver con esa investigación aberta”.

O edil manifestou ademais, co respaldo do Alcalde lucense, que se considera “unha persoa extraordinariamente respectuosa co cargo que represento e coa institución, e se houbera algo que non me permitise seguir levando a cabo con rigor este traballo, xa me houbera ido”.

Rábade explicou que é consciente do compromiso que asumiu aceptando o cargo de Concelleiro “traballo por e para a cidadanía, e non entendería que se puxera en dúbida a miña honestidade”.

O Alcalde pola súa banda, manifestou o apoio total que lle da o equipo de goberno e a confianza na xustiza “que sempre tiven nos dez anos que levo como alcalde”.


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova