Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A praza Maior acolle dende esta fin de semana a XXVII Feira do Libro


# Xoves, 14/05/2009
O stands dos libreiros estarán abertos ao público ata o vindeiro domingo 24 de maio

Imaxe Asociada Imaxe Asociada

Esta fin de semana arrinca na praza Maior a XXVII edición da Feira do Libro, coincidindo coa festividade das Letras Galegas. Así o anunciou esta mañá a Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, o organizador da feira, Antonio Fernández Maira, e a directora da feira, Ana Isabel López Fandiño.

Un total de 10 stands conforman a oferta cultural desta edición que conta cun programa cunha serie de actividades dirixidas ao público de todas as idades, pero especialmente aos máis pequenos, con sesión de contacontos, obradoiros e concursos.

Haberá diferentes concursos ao longo da semana, como o de contos e relatos, o de poesía e un de debuxo. Como en anos anteriores celebraranse actividades musicais e tres recitais de poesía a cargo de Carlos Caneiro, Yolanda Castaño e Claudio Rodríguez Fer, sen esquecer as presentacións de libros ou mesas redondas sobre diferentes temas literarios.

Como sempre, manteranse os habituais sorteos de lotes de libros e o desconto do 10 por cento no prezo.

A Concelleira lembrou a importancia que teñen actividades como estas para seguir impulsando a lectura tradicional. ”É un dos eventos culturais máis importantes e que achega aos cidadáns á lectura pero tamén é o núcleo de unha amplísima actividade cultural moi potente que converte á feira nun evento dinamizador cultural de primeira orde”.

A feira estará aberta ata o domingo 24 de maio en horario de 11.00 a 14.00 horas e de 17.30 a 21.30 horas entre semana e as fines de semana de 11.00 a 14.30 e de 17.30 a 21.30 horas.

Máis información: descargue o programa


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova