Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Éxito de participación na celebración do Día da Internet


# Xoves, 14/05/2009
O Concello preparou un completo programa desenvolvido na Praza de Abastos ao longo de todo o día

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
Éxito de participación na celebración do Día da Internet O Concello preparou un completo programa desenvolvido na Praza de Abastos ao longo de todo o día

O Concello de Lugo celebra ao longo da xornada de hoxe xoves 14 de maio unha serie de actividades na Praza de Abastos para celebrar o Día da Internet.

A cita, celebrada entre as 10:00 e as 20:00 horas, contou cun bo número de participantes nos diferentes obradoiros e actividades organizadas pola Concellería de Servizos Xerais, destacando ao longo da mañá as visitas realizadas polos alumnos e alumnas dos diferentes Centros Educativos da cidade.

Os obradoiros que se levaron a cabo foron os seguintes:

  • Facebook. Para crear unha conta e aprender o uso desta ferramenta (subir fotos, realizar comentarios, xogos, test, etc.)
  • You Tube. Gravación dun vídeo e subilo á Rede.
  • Skype. Creación dunha conta para poder utilizar o servizo de mensaxería.
  • Google. Creación dunha conta de correo electrónico en Gmail e ver todas as posibilidades que ofrece este buscador.

Ademais foron moitos os que participaron nas actividades paralelas aos talleres como a exposición A Historia de Internet que consta de 16 paneis con imaxes e textos explicativos desde os anos 50 ata a actualidade que narran da historia de internet a nivel mundial. E tamén contaron cun bo número de participantes as dúas zonas para practicar coa consola Wii.

Segundo anunciara xa a Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, o obxectivo é, ademais de celebrar o Día de Internet, promover o bo uso das novas tecnoloxías, das tecnoloxías da información e comunicación entre a poboación lucense, formando e informando sobre as vantaxes que ofrece a súa utilización. Tratando de promover a súa utilización e incrementando o número de usuarios que en Galicia conta cun perfil:

- Por xénero: 66,7% de homes e o 58,1% das mulleres

- Por idades:

  • De 16 a 24 anos: 80.7%
  • De 25 a 34 anos: 75.6%
  • De 35 a 44 anos: 73.9%
  • De 45 a 54 anos: 62.6%
  • De 55 a 64 anos: 46.8%
  • Máis de 65 anos: 27.1%

Campaña de interese

Tamén cabe destacar o número de persoas que se interesaron na nova campaña que levará a cabo o Concello de Lugo Eu Conecto coa que se pretende fomentar o uso de Internet e dar a coñecer as vantaxes de ter o Concello na casa a través da rede, adaptando a formación ás necesidades de cada participante, para que poida adaptarse e educarse para sacar un maior rendemento das novas tecnoloxías.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova