Imprimir

PUBLÍCANSE NO BOP AS BASES PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS DAS FESTAS E ACTOS TRADICIONAIS DE LUGO DURANTE O ANO 2009


15/5/2009 As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Lugo

O Boletín Oficial da Provincia de hoxe venres 15 de maio publica a convocatoria das subvencións á celebración de festas patronais ou outros actos tradicionais de marcado interese cultural ou social -lume novo- nas parroquias, barrios ou núcleos poboacionais de Lugo durante o ano 2009.

Os beneficiarios destas axudas poderán ser todas as parroquias, barrios ou núcleos poboacionais do Concello de Lugo que promovan festas patronais e outros actos tradicionais de marcado interese cultural ou social. Actuarán como representantes: os organizadores das festas patronais, representantes das asociacións culturais ou veciñais ou outras entidades  que xustifiquen o seguinte:

1.- Vinculación coa parroquia , barrio ou núcleo poboacionai.

2.- Carácter tradicional dos actos para os que solicita a axuda, mediante memoria explicativa.

3.-Declaración xurada das subvencións ou axudas solicitadas ou percibidas doutras entidades públicas ou privadas, coa mesma finalidade.

4.- Declaración xurada do representante  de que a entidade a que representa está ó corrente das súas obrigas fiscais-tributarias e fronte a Seguridade Social e Concello.

5.- Declaración xurada de non estar incurso en ningunha das prohibicións para obte-la condición  de beneficiario das subvencións previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións.

6.-Declaración xurada  do beneficiario relativo a que a documentación aportada como xustificación non foi nin será presentada como xustificación de ningunha outra axuda pública ou privada, e cando sexa o caso, na porcentaxe de que se remite  como xustificación.

7.-Ter debidamente xustificados os gastos correspondentes ás subvencións concedidas con anterioridade polo Concello de Lugo, ou xustificación razoada do motivo do incumprimento da obriga de xustificar.

8.-Declaración xurada de que a subvención concedida se destinará á execución da actividade  para a que se solicita a mesma.

9.-Quedan excluídos da presente convocatoria as parroquias, asociacións ou entidades que durante o exercicio 2009 perciban outra subvención municipal para o desenvolvemento do mesmo  programa.

Contía que se pode subvencionar:

1. Festas Patronais: A contía máxima por parroquia, barrio ou núcleo poboacionai para festas patronais ou similares de marcado interese cultural ou social será de  600 €. Poderanse ir concedendo as subvencións ós beneficiarios que cumpren cos requisitos establecidos nas bases, a medida que as súas solicitudes sexan valoradas favorablemente polos servizos municipais encargados da concesión da subvención. O número máximo de beneficiarios non poderá ser superior a 70.

2. Lume Novo: A cantidade total establecida para esta actividade é de 8.500 euros, que se repartirá por igual  entre todas as solicitudes presentadas.

Prazo:

As solicitudes, en modelo oficial , presentaranse no rexistro xeral municipal de entrada de documentos do Concello de Lugo ou ben utilizando os medios establecidos no  artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común que vai dende o día seguinte ó da publicación destas bases no Boletín Oficial da Provincia   e no D.O.G, ata o 20 de xuño de 2008 para a celebración do LUME NOVO e para as FESTAS PATRONAIS  ata o día 1 de  outubro do mesmo ano.

Pode descargar a solicitude de subvención para a celebración das festras patronais e lume novo desde esta ligazón ou desde a zona de trámites - carpeta cidadá