Imprimir

OS MUSEOS MUNICIPAIS SERÁN GRATUÍTOS AO LONGO DESTA FIN DE SEMANA


15/5/2009 O Concello de Lugo celebra así o Día dos Museos e o Día das Letras Galegas

Con motivo da celebración do Día dos Museos e do día das Letras Galegas, esta fin de semana, a entrada aos museos do Concello de Lugo será totalmente gratuíta.

Estas xornadas de portas abertas celebraranse, o sábado 16 e o domingo 17 de maio, no  Centro de Interpretación da Muralla, a Casa dos Mosaicos, o Centro Arqueolóxico de San Roque e a Sala de Exposicións Porta Miñá.

Ademais haberá, para aqueles que o desexen, visitas guiadas en cada un dos centros ás 12:00 pola mañá e ás 18:00 horas pola tarde.

Ampliar información: axenda